Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  4:33:38
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Excursións de 1 día » Igrexas e mosteiros románicos

Igrexas e mosteiros románicos


Esta é unha viaxee que nos levará por distintos templos románicos da Ribeira Sacra que teñen en común a súa proximidade ao camiño de Santiago que os peregrinos empregaban no inverno.
A obra de maior relevancia en Galicia do románico é a catedral de Santiago, pero hoxe ocuparémonos dos pequenos templos e mosteiros rurais que tamén tiveron un papel de suma importancia.

1. Monforte de Lemos

Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cudade- fortaleza feudal, ó redor dun monasterio, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Ós pes do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento. Do perímetro da muralla, datada entre os séculos XIII al XV, todavía conservanse amplios tramos, dúas torres e tres portas de entrada á vila. Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, dende a súa cima divisase o val de Lemos surcado polo curso fluvial do Cabe. A vista e o atractivo que teñen os castelos, fan desta, unha parada obrigada.


2. Monasterio de San Salvador (Las Bernardas de Ferreira de Pantón)

Ampliar Foto...
Monasterio de San Salvador
Fotografía: (CC by-Nc) Susanne Neven

O Mosteiro das Bernardas, primeiro foi beneditino e despois cisterciense pero sempre estivo reservado a mulleres. É  o único de toda Galicia que conservou sa súa función desde a súa creación ata hoxe. Foi construído en varias etapas ao longo de cinco séculos. A egrexia románica é do século XII. O claustro do XV e o resto do XVIII.

Está arrodeado por unha muralla. Na porta de acceso ao recinto podemos ver o escudo da Orde do Císter de Castela. O mosteiro, ten un claustro no que se atopa o sepulcro da condesa dona Fronilde, abadesa do mosteiro durante a súa época de maior esplendor no século XII.A egrexia é de planta rectangular, cunha soa nave e aside semicircular. l cister.

Neta egrexia  está soterrado don Diego de Lemos, líder das Revoltas Irmandiñas, e o seu fillo.
 

Revoltas Irmandiñas: Desenvolvéronse en Galicia no século XV e  nelas os campesiños, axudados dalgúns nobres,  enfrontáronse ao poder feudal, destruíndo un gran número de fortalezas.

Horario de visitas: Todos os días de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas. 

Coordenadas GPS:  42°30'30.34"N   -    7°37'11.79"O


3. San Miguel de Eiré

Ampliar Foto...
San Miguel de Eiré
Fotografía: (CC By) Jose Antonio Gil Martínez

Trátase dunha obra esbelta, elegante e compacta á vez. Lembra ao prerrománico asturiano e pertenceu a un pequeno mosteiro beneditino fundado ao comezos do Sg. XII por unha nobre chamada Excladia Ordoñez.

Hai restos prerrománicos que denotan a existencia dunha construción anterior, aínda que do antigo mosteiro so se conserva a egrexia que pertence  á segunda metade do S. XII. Para algúns autores o aspecto deste campanario evidencia a súa función defensiva. É unha das más orixinais do románico galego.

Coordenadas GPS:  42°31'5.71"N   -    7°38'54.32"O


4. Iglesia de San Fiz de Cangas

Ampliar Foto...
Iglesia de San Fiz de Cangas
Fotografía: (CC By) Jose Antonio Gil Martínez

Foi construída entre os séculos XI e XIII, como templo dun convento de monxas beneditinas. No século XVII  practicáronse algunhas reformas e engadiuse a capela de Torrenovais, que alberga o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga. Pero desde moitos séculos antes, na época visigoda, este emprazamento xa acollía un mosteiro.

San Fiz de Cangas conta cunha soa nave disposta en planta rectangular. No interior consérvanse retablos dos séculos XVIII e XIX, ademais da figura orante de don Rodrigo López de Quiroga.

D. Rodrigo López de Quiroga, foi un dos persoeiros máis salientables da casa de Espasantes. Estivo alistado nos terzos españois que serviron nas guerras de Italia; en dita contenda destacou polo seu valor e táctica militar, sendo ascendido a Capitán, Sarxento Maior e Maesse de Campo; séndolle concedido no 10 de xullo de 1619 o título de Cabaleiro do Habito de Santiago e anos máis tarde comendador de Anguera. Faleceu nos estados de Milán, mais concretamente na cidade de Lodi

Coordenadas GPS:  42°31'13.85"N    -    7°39'29.10"O


5. Santo Estevo de Atán

Ampliar Foto...
Santo Estevo de Atán
Fotografía: (CC By) Jose Antonio Gil Martínez

Todo parece indicar que aquí existiu un centro relixioso suevo, aínda que non sería ata os séculos XII-XIII cando se construíu esta egrexia románica, como parte dun mosteiro que hoxe xa non existe. En épocas posteriores leváronse adiante diversas obras de reforma. A egrexia conta cunha soa nave, con cuberta a dúas augas. O aside, rectangular, está cerrado por unha bóveda de canón. En diversos puntos de seus muros pódese distinguir marcas, presumiblemente realizadas polos canteiros que traballaron na súa construción. Outro elemento de interese é a decoración do aleiro. Tamén prestaremos atención á tres xanelas de primitiva estética que atoparemos no arco de acceso ao aside (unha) e nos muros da reitoral (as outras dúas).

Coordenadas GPS:  42°30'1.66"N    -    7°42'11.28"O


6. San Vicente de Pombeiro

Ampliar Foto...
San Vicente de Pombeiro
Fotografía: (CC by-Nc) Susanne Neven

Este lugar merece unha mención aparte;  en primeiro lugar pola beleza do enclave e en segundo pola singularidade do templo. Como é habitual en moitas outras egrexias da zona, San Vicente do Pombeiro formou parte, dun mosteiro do que hoxe xa non quedan máis que algunhas pegadas. A egrexia foi  construída entre os séculos XII e XIII, aínda que en etapas posteriores sofreu diversas reformas. A diferenza das outras, esta é de planta basilical, con tres naves e outros tantos asides semicirculares. A particular entrada principal está disposta entre dous contrafortes. Na parte superior veremos seis arcos decorados con cabezas humanas e formas xeométricas, conxunto que recibe o nome de "guardachuvas".

Coordenadas GPS:  42°26'52.83"N    -    7°42'8.73"O


Oficina Municipal de Turismo
Turismo Galicia
Centro do Viño da Ribeira Sacra
Camiño de Inverno - Asociación de camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
Mapa rueiro turístico de Monforte (PDF)
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting