Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
27 - Maio - 2018  |  6:53:39
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Actividades Centro Cívico Social - Programa Activa 2018


Rematado o prazo de admisión de solicitudes e  correspondente sorteo para as actividades do programa o resultado é o seguinte:

1) As actividades que comezarán no prazo establecido son:

  • Encaixe de palillos
  • Pilates
  • Ximnasia acuática 1
  • Baile (iniciación e perfeccionamento)
  • Sacar partido ao móbil
  • Memoria
  • Manualidades (grupos 1 e 2)
  • Inglés
  • Costura creativa, grupo 1
  • Fotografía

NOTA: algunha destas actividades teñen prazas vacantes que poden ser cubertas no prazo extraordinario.

2) Abrirase un prazo extraordinario de 15 días naturais (do 27 de abril ao 11 de maio) para as solicitudes de inscrición nas actividades seguintes, que non comezarán ata cubrir o 75% establecido nas baes:

  • Beleza e saúda atural
  • Informática (iniciación e avanzad)
  • Tapas e petiscos
  • Risoterapia
  • Ximnasia mantemento, grupos 1 e 2
  • Costura creativa, grupo 2
  • Ximnasia acuátiva, grupo 2

* Terán prioridade na adxudicación das prazas as persoas que non obtiveron praza no sorteo.

 


O Concello de Monforte pon en marcha no mes de maio as actividades do Programa Activa 2018 a desenvolver tanto no Centro cívico social coma nas parroquias e que teñen como obxectivos favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e participación social dos seus veciños/as.

Ofertánse un total de 17 actividades no Centro cívico e 5 actividades nas parroquias, cun total de 545 prazas.

CENTRO CÍVICO: ximnasia de mantemento, xinmasia acuática, conservano a memoria, risoterapia, manexo do móvil, internet e correo electrónico, informática (niveis iniciación e perfeccionamento), inglés para maiores, manualidades, costura creativa, encaixe de bolillos, baile (nivel iniciación e perfeccionamento), tapas e petiscos, pilates, fotografía e beleza e saúde natural.

PARROQUIAS: ximnasia de mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile e risoterapia.

 

 

 
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting