Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Abril - 2017  |  17:51:39
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Información

Servizos Sociais Comunitarios


Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación da cidade e previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás. A través deles favorecemos a participación e o libre desenvolvemento das persoas, dos grupos da sociedade e o fomento do desenvolvemento comunitario.

Segundo definición do artigo 2 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos expresados en dita lei.

Equipo de traballo

O Equipo de traballo dos servizos comunitarios básicos do Concello de Monforte de Lemos está integrado por:

  • Tres traballadoras sociais
  • Unha psicóloga
  • Dúas educadoras de familia
  • Unha auxiliar administrativo

Programas básicos

Son programas básicos dos servizos sociais comuitarios os seguintes:

  • Información, orientación e asesoramento.

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de inserción social
  • Programa de animación, prevención e cooperación social
  • Programa de convivencia alternativa


 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting