Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:27:52
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Trámites por colectivos » Familia

Trámites dirixidos á FAMILIA


imagen...

Prestación por fillo menor de tres anos

Pagamento único de 360,00 € por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación.

imagen...
 

Título de familia numerosa

Un Título de familia numerosa é o documento oficial que acredita a unha familia o estatuto legal de familia numerosa e que, unha vez exhibido, permite a estas obter as ventaxas previstas por lei para tal condición.

imagen...
Carné familiar

Expídese unha vez obtido o título de familia numerosa e permite que os seus membros obteñan descontos nos produtos que determinen os establecementos comerciais que se suman voluntariamente a este programa.

Dedución cota canon de saneamento por familia numerosa

Beneficio na dedución do 50% da cota tributaria do canon de saneamento para usos domésticos por ser titular do título de familia numerosa

Apoio a familias en situacións carenciais graves con menores a cargo

imagen...
 

Axudas individuais, de carácter periódico, de prevención e apoio á familia e atención ao menor coa finalidade de proporcionar apoio económico e profesional ás familias para lles  garantir a atención adecuada aos seus fillos  e favorecer a permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlle ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores e  capacidade de autoorganización do núcleo familiar.

imagen...
Becas de Material Escolar
        
As becas de material escolar é unha axuda individualizada que consiste na entrega dun vale de contía económica para a adquisición de material aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria que cursen en calquera dos centros de ensino da localidade.

A QUÉ PERSOAS QUE ESTÁ DIRIXIDO

Estas axudas van dirixidas aos e ás alumnos e alumnas escolarizadas nalgún dos centros educativos do municipio, matriculados en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

Información

Para máis información sobre estes trámites faga clic no Enlace Relacionado o pé desta páxina.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting