Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  13:27:34
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Trámites por colectivos » Persoas con Discapacidade

Trámites dirixidos a PERSOAS CON DISCAPACIDADE


imagen...

Pensión non Contributiva de Invalidez

Prestación económica individual de carácter periódico que cubre continxencias de invalidez ou deficiencia e que asegura a tódalas persoas en situación de invalidez e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.

Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada

imagen...

Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de PNC, FAS e SGIM

imagen...
Establecer axudas sociais de carácter extraordinario e anual a favor das persoas beneficiarias das pensións non contributivas (PNC) de invalidez e xubilación, do fondo de asistencia social (FAS) e do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM).

Estas axudas sociais, persoais e intransferibles, teñen carácter extraordinario e non se consolidarán para o futuro.

Esta axuda será distinta das do sistema da Seguridade Social e das que poida outorgar a Administración xeral do Estado, e será compatible con elas.

Transporte Adaptado (065)

imagen...
 

O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público autonómico de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para achegar ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguranza, cos medios necesarios e coa presenza dun/dunha monitor/a acompañante.

Recoñecemento do grao de discapacidade

imagen...
Para obter a  valoración da discapacidade, o solicitante  deberá ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave e obter unha porcentaxe mínima do 33%.

Este recoñecemento da lugar a unha serie de beneficios de ídole fiscal, social e /ou económico.

Programa de Acollemento Familiar de persoas con discapacidade

imagen...
 

Axudas económicas para persoas con discapacidade que desexen integrarse no programa de Acollemento Familiar. A finalidade deste programa é procura-lo mantemento da persoa con discapacidade no seu medio social habitual facilitando así a súa integración e evitando o internamento en institucións cando este non sexa axeitado ou desexado.

Estadías temporais

imagen...
Enténdese por estadía temporal a permanencia en réxime de aloxamento, manutención e atención integral nun Centro Residencial por un período de tempo predeterminado, durante o cal os usuarios destas prazas terán os mesmos dereitos e obrigas que os residentes fixos.

Campamentos de Verán para persoas con discapacidade

Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.

 

Máis Información

Para máis información sobre estes trámites faga clic no Enlace Relacionado o pé desta páxina.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting