Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Novembro - 2017  |  10:42:20
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Trámites por colectivos » Inmigrantes e Emigrantes Retornados

Trámites dirixidos a INMIGRANTES e EMIGRANTES RETORNADOS


imagen...

Axudas Económicas para Emigrantes Retornados

(Ministerio de Trabajo e Inmigración)

Paliar a situación derivada da carencia de recursos dos españois no exterior e dos familiares ao seu cargo que integren a unidade familiar, así como sufragar os gastos extraordinarios derivados do feito da emigración cando se acredite insuficiencia de recursos no momento de solicitude da axuda.

Axudas Extraordinarias a Emigrantes Galegos/as Retornados/as (S.X. Emigración)

Concesión de prestacións económicas extraordinarias e non periódicas dirixidas ás/aos emigrantes galegas/os retornadas/os e aos seus familiares, para atender situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do feito do seu retorno a Galicia.

imagen...

Pensión Asistencial por Ancianidade para Españois de Orixe Retornados (MTAS)

Os/as españois de orixe residentes en países onde a precariedade do sistema de protección social xustifique a existencia da prestación por razón de necesidade poderán ser beneficiarios de pensión asistencial por ancianidade cando retornen a España.

Axudas para a realización de viaxes por razón de interese social, asistencial ou humanitario. (S.X Emigración)

Atender situacións de emerxencia social ou sanitaria sobrevidas e de carácter extraordinario que precisan dunha actuación urxente, ou para sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns de carácter social, asistencial ou humanitario, ás persoas que poidan ter a condición de beneficiarios/as.

imagen...

Informe social para acceso ao programa de retorno voluntario de inmigrantes desde España da O.M.I.

Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións).

Informe de Inserción social dun extranxeiro(Arraigo Social)

Informe emitido polo Concello como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras que se atopen nunha situación de irregularidade administrativa.

Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Monforte de Lemos, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na seu contorno (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da seu contorno, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grado de arraigo no municipio.

A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitiráse o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grado de inserción.

 

Solicitude de Informe de Vivenda para a Regularización de Menores

imagen...
  

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

Solicitude de Informe de Vivenda para a Reagrupación Familiar

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no país e que quere traer aos seus familiares, cónxuxe, descendentes menores de idade, e ascendentes.

No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting