Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Outono - 2017  |  5:19:07
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Trámites por colectivos » Persoas maiores

Trámites dirixidos a PERSOAS MAIORES


Xantar na Casa

imagen...
 

O Xantar na casa constitúe un servizo de comida o domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada , adaptada as necesidades das persoas maiores e/ou dependentes que teñen dificultades para realizar a compra ou a elaboración de menús.

E este un recurso complementario   doutros  servizos   que se desenvolven no Concello:  Teleasistencia, Axuda no Fogar, Transporte Adaptado entre outros, co obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, retrasando ou evitando a institucionalización.

imagen...

Dependencia

Perda que unha persoa sufre, de forma temporal ou definitiva, da súa capacidade para ser autónoma, pasando a depender de outra persoa para as actividades básicas da vida diaria. A  lei de dependencia establece os graos de dependencia, así como os servizos e prestacións aos que  a persoa  poida acceder segundo as súas necesidades.

Acollemento familiar para maiores

imagen...

Axudas económicas para persoas maiores de 65 anos que desexen acollerse os beneficios do programa de acollemento familiar.A  finalidade deste  programa  é procurar o mantemento do maior no seu medio social habitual,facilitando a súa  integración e evitando o internamento en institucións cando este non sexa axeitado ou desexado.

Pensión Non Contributiva de Xubilación

Prestación económica individual de carácter periódico que asegura a tódalas persoas en situación de xubilación e en estado de necesidade, que  cumpran os requisitos, una prestación económica , asistencia médico e farmacéutica gratuíta e servizos socias complementarios, aínda que  non se teña cotizado ou se cotizara de xeito insuficiente para acadar o dereito a unha pensión contributiva.

Complemento para titulares de P.N.C. que residan en vivenda alugada

Complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas  que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

imagen...
 Ingreso en residencia para persoas maiores

Establécense as prazas para persoas maiores en residencias da Xunta, así como as prazas públicas concertadas en residencias de persoas maiores  válidas. As persoas recoñecidas en situación de gran dependencia ou dependencia severa accederán ao servizo de atención residencial unicamente polo Sistema para a Autonomía  e Atención a Dependencia.

Teleasistencia

imagen...

A Teleasistencia  Domiciliaria  é un servizo de atención telefónica continuada cun  equipamento de comunicacións e informática específica.

O acceso o programa pode ser por libre concorrencia ou acceso a través  do recoñecemento da situación de dependencia.

Programa de novas tecnoloxías “ ACOMPÁÑOTE”

Programa destinado a promover a autonomía persoal de aquelas persoas  que se atopen nunha situación de vulnerabilidade, facilitando a súa protección e control, a través dun  servizo permanente de localización, así como contribuír a tranquilidade das familias e coidadores.

imagen...

Xuntos no Nadal

Programa que se  desenvolve nos días de Nadal, destinado ás persoas maiores que estean soas  e non teñan con quen pasar estas datas. Este Programa consiste en viaxe e aloxamento nun establecemento hoteleiro que anualmente así o indique a convocatoria.

Lecer e Benestar

Programa  co cal, ademais de fomentar o envellecemento activo e a dinamización social das persoas maiores, actúa na promoción da súa autonomía e na prevención da dependencia.

Termalismo Social

Programa polo cal as persoas beneficiarias poderán solicitar, dentro do prazo de convocatoria anual, pasar uns días a un prezo mais baixo en algún dos balnearios que se oferten.

imagen...
 

Programa de vacacións para maiores do IMSERSO

Programa  para que os  maiores poidan participar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro e xuño. As modalidades  que se ofertan son estadías en zonas costeiras, viaxes culturais para coñecer a  historia e o arte de España, turismo de natureza  e intercambio con outros países.

Estadías temporais en residencia

Enténdese por estadías temporais a permanencia en réxime  de aloxamento, manutención e atención integral, nun centro xerontolóxico residencial público por un período de tempo predeterminado, durante o cal as persoas usuarias terán os mesmos dereitos que os residentes fixos.

Axuda no fogar

  

 Máis información

Para máis información sobre estes trámites, faga clic no Enlace Relacionado o pé desta páxina

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting