Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Xullo - 2017  |  12:51:04
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Benestar Social » Préstamo de libros

Préstamo de libros


imagen...
O Concello de Monforte de Lemos, xunto cós colexios A Gándara e CEIP Monforte pon en marcha o Programa de Préstamo de Libros, como resposta á delicada situación laboral e económica actual que están a sufrir un gran número de familias. Esta situación vese agravada polos sucesivos recortes sociais que vimos padecendo nos últimos meses e que configuran un contexto social que provoca unha fonda e lóxica preocupación.

Malia que o impacto que estes recortes teñen sobre a poboación é moito maior que a capacidade das administracións locais para contrarrestalos, o Concello de Monforte e, concretamente, a concellería de Benestar Social cree que o seu deber é intentalo, poñendo en marcha iniciativas que, aínda que sexa de maneira parcial, sirvan para axudar nalgunha medida ás persoas e ás familias con recursos económicos máis baixos.

Con este obxectivo, creouse o PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO. Un  proxecto pensado para favorecer a reutilización dos libros de texto de primaria nos CEIP A GÁNDARA MONFORTE. Un programa voluntario e de carácter solidario que precisa da colaboración dos centros e, sobre todo, das familias, para poder ser unha realidade. 

imagen...
[

FASES DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

imagen...

Primeira fase: Do 25 de xuño ao 5 de xullo, tódalas persoas que o desexen poderán proceder á entrega de libros de texto en bo estado no centro educativo no que curse estudos o seu fillo/a.

Segunda fase: Do 8 ao 19 de xullo, as persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa poderán presentar nos colexios a solicitude para a obtención e uso dos libros de texto dispoñibles.

Terceira fase: Dende a delegación de Benestar Social, a mediados do mes de agosto e unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas, comunicarase ás familias participantes neste programa qué libros van recibir e cales deberán mercar. Deste xeito evitaranse atrancos de última hora tanto para as familias como para os libreiros. 

Cuarta fase: Do 2 ao 6 de setembro. Entrega de libros de texto ás familias seleccionadas no centro educativo de referencia.

Tódolos trámites faranse nos propios colexios en horario de 10:00 a 13:00 horas. 

imagen...
DOCUMENTACIÓN E TRAMITACIÓN

A documentación que se solicita para poder participar neste Programa pode parecer excesiva , pero resulta imprescindible para poder valorar dunha maneira xusta cales son as familias con maiores necesidades. Os conserxes dos dous colexios serán os encargados de recoller os libros e as solicitudes, contando co apoio de persoal dos Servizos Sociais, que será o departamento municipal que se encargará de valorar as solicitudes presentadas ...

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting