Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Novembro - 2017  |  4:35:49
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Violencia de Xénero » Definición e normativa

Definición da Violencia de Xénero


Definición

imagen...

Na Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas pode lerse que a violencia contra a muller é:

todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como privada”.

A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida contra das mulleres polo feito de ser muller, non porque ela teña un modo de comportarse que dea lugar a que isto ocorra.

imagen...

Referímonos aos malos tratos no ámbito doméstico cando esta violencia é exercida polo marido, parella, noivo ou calquera outra persoa coa cal a muller ten relación de parentesco ou afectividade, e ten como resultado para ela un dano ou sufrimento psicolóxico, sexual ou físico.

Os malos tratos son un camiño sen retorno, onde as relacións violentas non aparecen accidentalmente nin de xeito imprevisto. Os abusos e chantaxes emocionais poden ser o inicio dun longo proceso cíclico que pode rematar coa morte.

Normativa

Nos Enlaces Relacionados pode consultar a normativa vixente relacionada coa violencia de xénero.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting