Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Abril - 2017  |  13:30:35
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Violencia de Xénero » Ciclo

Ciclo da Violencia de Xénero


As reaccións violentas non aparecen de forma imprevista, senón que forman parte dun longo proceso que acaba nunha pirámide de violencia sen retorno e que leva a un ciclo moi difícil de parar.

Este ciclo ten tres fases, que se reiteran cada certo tempo, intercalando períodos de violencia con períodos de afectos e arrepentimentos, pero onde cada vez son máis frecuentes os momentos de agresión e menos frecuentes os de arrepentimento.

Fase de Acumulación de  Tensión

Ampliar Foto...

Nela o maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina e imprevista, mostrase violento ante calquera comportamento da muller, comezan os insultos, menosprezos, a ira contida, os actos de violencia ao menor. A tensión xorde arredor de conflitos e frustracións cotiás. A tensión e irritabilidade do maltratador van aumentando ata pasar a segunda fase.

Ampliar Foto...
Fase de Agresión

Prodúcense malos tratos en forma de abusos psíquicos, físicos e/ou sexuais graves, esta descarga de irritabilidade alivia a tensión do maltratador.

Fase de Arrepentimento

Ampliar Foto...

Supón unha fase de calma, con actos de arrepentimento, demanda de perdón e promesas de que non volverá a suceder por parte do maltratador. A muller cree na posibilidade deste cambio de conduta e tenta que a relación funcione.

Ampliar Foto...
Ciclo da violencia de xénero
Compoñente repetitivo

Ao remate desta fase o ciclo comezará de novo, volvéndose cada vez máis frecuente e perigoso. Non deixes que esta espiral se convirta nunha rutina. Denuncia.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting