Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
18 - Nadal - 2017  |  0:16:05
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Violencia de Xénero » Recomendacións ante agresións

Recomendacións ante agresións


imagen...

É compricado, pero debes intentar manter a calma e a cabeza fría. En calquera caso segue estes consellos:

  • Ten sempre a man un teléfono de emerxencia ou da policía.
  • Acode a un Centro Sanitario en caso de calquera manifestación de violencia física ou sexual e pide un parte de lesións.
  • Se tes dúbidas acode ao Centro de Información á Muller para que te asesore en todo o proceso.
  • Presenta unha denuncia ante a Policía Nacional. Non só teñen axentes preparados e preparadas para recoller unha denuncia deste tipo, senón que teñen a disposición a Unidade de Prevención Asistencia e Protección ( UPAP).
  • É importante que dende o primeiro momento solicites a asistencia dun letrado ou letrada de Violencia de xénero (en cada colexio de avogados e avogadas debe haber unha quenda especial).
    Ampliar Foto...
  • Trata de contar os feitos da forma máis clara e realista posible, dando todos os datos do agresor para facilitar a súa identificación.
  • En caso de maltrato físico presenta copia do parte de lesións.
  • En caso de perigo, solicita Orde de protección, que será tramitada co xuízo rápido.
  • Se te vas de casa procura levar documentación tanto túa como dos teus fillos e fillas (DNI ou pasaporte, cartilla sanitaria, permiso de conducir, libro de familia, documentos bancarios, permiso de traballo no caso de non ser española, escrituras...) e obxectos persoais básicos.

No caso de violencia sexual debes ter en conta:

  • Acudir a un centro sanitario tan pronto poidas. Se prefires non ir soa , pide a algunha persoa de confianza que te acompañe.
  • Non te laves nin te cambies de roupa ata despois do recoñecemento médico e a denuncia. Recorda que pode haber moitas probas que serán necesarias na investigación e a denuncia.
  • Pode que pases por diferentes fases: fase de atordamento e confusión, fase de introversión e recollemento onde tratarás de esquecer o ocorrido. Por iso é importante que busques axuda psicolóxica especializada.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting