Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:35:52
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Conciliación » Banco de Tempo

Banco de Tempo Municipal


imagen...

Qué é?  Cal é a súa finalidade?

O Banco de Tempo configurase como un sistema de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos nos que o valor de cambio é o tempo, e a unidade de medida é a hora.

Ten por finalidade favorecer ás persoas a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral.

As persoas interesadas inscríbense:

  • Ofertando uns servizos ou coñecementos.
  • Indicando o tempo do que dispoñen. 
  • Demandando outros servizos ou coñecementos que necesiten.

O Banco de Tempo ten como finalidade:

  • Aprender algo novo.
  • Ensinar o que sabemos facer.
  • Compartir experiencias.
  • Coñecer xente.
  • Realizar actividades que che gusten.
  • Estar en contacto con outras persoas e entaboar novas relacións.

Persoas ás que está dirixido

A todas as persoas do Concello de Monforte de Lemos que queiran intercambiar tempo e habilidades.

Requisitos

  • Ser maior de idade.
  • Estar empadroado no Concello de Monforte de Lemos.

Solicitude de adscrición / baixa e catálogo de servizos

As solicitudes de adscrición ou baixa e o catálogo de servizos (onde pode indicar todo o que desexas DAR e/ou RECIBIR) pódense descargar no apartado Impresos e Documentos (sección Igualdadedispoñible en Concello Dixital nesta mesma web.

Fai clic aquí se desexas ir directamente a este apartado.

Documentación necesaria

  • Fotocopia do D.N.I. ou N.I.E. se é o caso.
  • Certificado de empadroamento.

Prazo de inscrición

Aberto todo o ano.

Cómo inscribirse (solicitando cita previa)

 Estamos en:               Rúa Ricardo Quiroga, s/n - 27400 Monforte de Lemos

Teléfono: 982 416 350         Fax: 982 416 357 

E-mail: cim@concellodemonforte.com        cimmonforte@yahoo.es

Horario: Luns a Venres de 08:00 a 15:00 horas

Normativa

As normas máis representativas sobre esta sección pódense consultar nos Enlaces Relacionados e/ou na Documentación Adicional 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting