Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Maio - 2017  |  20:42:20
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Conciliación » Escola Infantil Municipal » Preinscrición

Escola Infantil Municipal - Preinscrición


Preinscrición

Para iniciar o procedemento de matrícula debe realizarse previamente unha das seguintes actuacións:

Solicitude de reserva de praza

Para as familias con nenos ou nenas xa matriculados que desexen renovar praza na Escola Infantil. Deberán cubrir e presentar a solicitude ao respecto que pode descargarse no apartado Impresos e Documentos (sección Igualdade) dispoñible en Concello Dixital nesta mesma web. 

Fai clic aquí se desexas ir directamente a este apartado. 

Prazo de presentación: do 1 ao 31 de marzo de cada ano.

Solicitude de novo ingreso

Para as familias con nenos ou nenas que desexen solicitar praza por primeira vez na Escola Infantil. Deberán cubrir e presentar a solicitude ao respecto que pode descargarse no apartado Impresos e Documentos (sección Igualdade) dispoñible en Concello Dixital nesta mesma web. 

Fai clic aquí se desexas ir directamente a este apartado.  

  Prazo de presentación: do 1 ao 30 de abril de cada ano.

Documentación necesaria para a preinscrición

  • Fotocopia cotexada do D.N.I. ou N.I.E. se é o caso, do pai, nai, titor/a ou representante legal.
  • Fotocopia cotexada do Libro de Familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Fotocopia cotexada do Certificado de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Certificado de inscrición padronal do neno ou nena, así como, dunha das seguinte persoas, -pai, nai, titor/a ou representante legal- do neno ou nena.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello.
  • Certificado de minusvalías alegadas polos membros da unidade familiar.
  • Xustificante de ocupación ou desemprego do pai, nai, titor/a ou se é o caso do representante legal (últimas nóminas, certificación de empresa ou certificación de ser demandante de emprego).
  • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
  • Informe sobre a necesidade e integración no caso dos nenos/as con discapacidade, emitido por:
    • O equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da vicepresidencia da igualdade e do benestar
    • Os servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica
    • Os órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do cónxuxe, divorcio, abandono de fogar, situacións de violencia de xénero,...etc.
  • Informe dos servizos sociais do Concello, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
  • Fotocopia cotexada da Declaración da Renda das Persoas Físicas do último exercicio fiscal de cada membro da unidade familiar.
  • Xustificante bancario de ter efectuado o pago de 40,00 € en concepto de fianza previa á reserva de praza na Entidade NovaCaixaGalicia Banco, na conta nº 2091 0126 99 3040027693, descontándose esta cantidade do importe global da matrícula de resultar adxudicatario.

Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes, xunto coa documentación, pódense presentar destas dúas formas:

  • No Rexistro Xeral do Concello (Casa do Concello de Monforte de Lemos - Campo de San Antonio, s/n)
  • A través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting