Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:36:25
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Conciliación » Escola Infantil Municipal » Matrícula

Escola Infantil Municipal - Matrícula


Os nenos ou nenas admitidos, tanto polo proceso de preinscripción de reserva de praza como polo de novo ingreso, terán que formalizar a matrícula.

Formalización de matrícula

Para as familias con nenos ou nenas admitidos na Escola Infantil. Deberán cubrir e presentar a solicitude ao respecto que pode descargarse no apartado Impresos e Documentos (sección Igualdade) dispoñible en Concello Dixital nesta mesma web. 

Fai clic aquí se desexas ir directamente a este apartado.  

Aviso importante

Se rematado o prazo de matrícula non se formalizara esta, decaerá o dereito a praza obtida.

Documentación necesaria para matricularse

  • 4 Fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia cotexada da Cartilla da Seguridade Social ou documento semellante.
  • Declaración da Renda das Persoas Físicas do último exercicio de tódolos membros da unidade familiar.
  • Certificado de convivencia de toda a unidade familiar.
  • Certificado médico do neno ou da nena que informe de que o menor non padece enfermidade infecto-contaxiosa. Tamén se deberá informar sobre si o menor manifesta algún tipo de alerxia alimentaria (lactosa, glute.....) ou física (ós materiais como pinturas, ceras....).
  • Fotocopia cotexada da Cartilla de Vacinación, se é o caso.
  • No caso de que o neno ou nena presentara algunha deficiencia física, psíquica ou sensorial, informe do organismo competente.
  • Autorización por escrito dos pais, nais, titores/as ou representantes legais do neno ou da nena para a realización de reportaxes visuais ou fotográficas.
  • Autorización e datos bancarios.
  • Autorización para o tratamento dos datos de carácter persoal tanto do propio usuario/a como os do seu entorno familiar que serán tratados en un ficheiro de responsabilidade do centro.
  • Autorización da utilización, de ser o caso, dun circuíto pechado de cámaras de vixianza nas zonas comúns, cuxas gravacións pasarán a formar do ficheiro de datos que son responsabilidade do centro.
  • Aceptación, coñecemento e cumprimento das normas internas da Gardería, aceptando toda responsabilidade no caso de non cumprilas.

Prazo de presentación da solicitude de matrícula

Do 1 ao 15 de xullo de cada ano.

Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes, xunto coa documentación, pódense presentar destas dúas formas:

  • No Rexistro Xeral do Concello (Casa do Concello de Monforte de Lemos - Campo de San Antonio, s/n)
  • A través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting