Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Setembro - 2017  |  0:29:51
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Conciliación » Escola Infantil Municipal » Baixas

Escola Infantil Municipal - Baixas


A baixa na Escola Infantil Municipal poderase producir por calquera destas causas:

  • Por solicitude dos pais, nais, titores/as ou representantes legais.
  • Por falta de pagamento da cota establecida durante 2 meses consecutivos ou 3 alternos, calquera que sexa o curso escolar ó que se refire a débeda, sen prexuízo de reclamación da débeda polo procedemento legalmente establecido.
  • Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos aportados.
  • Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no Centro.
  • Por falta de asistencia continuada durante un mes sen xustificar.

Solicitude de baixa

Para as familias con nenos ou nenas xa matriculados que desexen causar baixa na Escola Infantil. Deberán cubrir e presentar a solicitude ao respecto que pode descargarse no apartado Impresos e Documentos (sección Igualdade) dispoñible en Concello Dixital nesta mesma web. 

Fai clic aquí se desexas ir directamente a este apartado.  

Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes, xunto coa documentación, pódense presentar destas dúas formas:

  • No Rexistro Xeral do Concello (Casa do Concello de Monforte de Lemos - Campo de San Antonio, s/n)
  •  A través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting