Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xullo - 2017  |  8:36:55
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Mostras e exposicións » Artelemos 2017

O Concello de Monforte de Lemos organiza a 19º edición da mostra Artelemos


Acaba de publicarse a listaxe provisional de admitidos que poden consultar no apartado documentación adicional.

 

O prazo para inscribirse rematou o pasado día 10. O Alcalde, José Tomé, destaca que “coa continuidade da mostra de Artelemos, dende o Concello estamos axudando ós artesáns a difundir as súas creacións”.

 

Criterios de adxudicación

 

Á hora de adxudicar os postos de venda teranse en conta varios criterios. Entre eles, a traxectoria profesional, o produto de venda e as súas características así como o feito de evitar a excesiva reiteración dun mesmo produto nos diferentes postos.

 

Cómpre destacar que a comisión de selección dará prioridade ás solicitudes daqueles vendedores que sexan de Monforte e da comarca; así como a artesáns inscritos na sección segunda do rexistro xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).

 

A distribución e situación de cada un dos postos de venda será competencia da organización.

 

Artelemos 2017

 

A mostra de artesanía vaise celebrar do 4 ó 8 de agosto na rúa Cardeal. Os postos estarán abertos de 11 a 14 horas durante a mañá, mentres que pola tarde o horario será de 18 a 23 horas.

 

As persoas interesadas en obter máis información poden contactar coa axente de desenvolvemento local a través do teléfono 982 88 47 75 ou ben no enderezo electrónico emprego_pe@concellodemonforte.com.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting