O 29 de setembro de 2017 deu comenzo o Obradoiro de Emprego Cobas Xuvenil, programa mixto de emprego e formación, dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Concello de Monforte de Lemos e financiado por éste e pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A duración do Obradoiro será de 6 meses e ó finalizar, os alumnos-traballadores que superen as probas de avaliación, obterán un certificado de profesionalidade. Tamén recibirán formación en materia de Prevención de riscos laborais, Sensibilización ambiental, Alfabetización informática, Sensibilización en iguadade de xénero e Inserción laboral e técnicas de busca de emprego. Nel formaranse un total de 15 alumnos-traballadores, repartidos en dúas especialidades:
- Traballos de carpintaría e moble, MAMD0209.
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, AGAO0209.
Os alumnos-traballadores participantes son contratados pola entidade promotora a través da modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe e no proxecto tamén se conta con dous docentes, un por especialidade, unha directora e unha administradora.
O obxecto de actuación do proxecto é o Acondicionamento do entorno do río Cabe ó seu paso polas zonas de Cobas e A Pinguela, donde se acometerá unha instalación de rego, o axardinamento e mantemento das zonas verdes e confección e instalación de bancos e valado de madeira.