Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
17 - Agosto - 2017  |  13:34:52
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Promoción económica » Outras iniciativas

Promoción económica - Outras iniciativas


imagen...
O POLÍGONO INDUSTRIAL

A mellora do Parque Empresarial do Reboredo é outro dos obxectivos primordiais do concello para incentivar o crecemento industrial de Monforte. Por iso elaborouse un proxecto, consensuado co sector empresarial, que recolle a modernización e a adecuación do polígono ás necesidades da demanda empresarial.

Actualmente as parcelas do parque empresarial presentan unha gran superficie e, polo tanto, resultan pouco apropiadas e excesivamente custosas para a demanda das medianas empresas que conforman o tecido industrial da comarca. Este proxecto contempla a redistribución en pequenas parcelas do terreo propiedade do Concello, co fin de poder ofertar novas parcelas que se axusten á demanda empresarial.

Por outra banda, o proxecto recolle diversas melloras en canto a comunicacións e infraestruturas do parque empresarial, así como a construción dun edificio social e dun viveiro de empresas.

Este amplo proxecto, xa redactado, está sendo presentado ante diversas institucións co fin de conseguir financiamento para levalo a cabo. Coa súa realización, o Polígono Industrial do Reboredo transformaríase por completo, modernizando as súas instalacións e axustándose á actual demanda empresarial, o que redundaría positivamente no asentamento de novas industrias e na conseguinte creación de postos de traballo.

Ampliar Foto...
O PORTO SECO

A Plataforma Loxística de Mercadorías é un proxecto que, polo seu propio peso, se converteu na esperanza de futuro para o asentamento industrial e a creación de emprego en Monforte de Lemos.

A día de hoxe está rematada a primeira fase deste proxecto e, a segunda atópase en fase de redacción despois de que a Consellería de Política Territorial aceptara as suxestións efectuadas polo Concello, no senso de que o Porto Seco necesitaba conexións directas coa estrada N-120 e a autoestrada Nadela-Monforte.

O Porto Seco, centro loxístico de distribución de mercadorías, posibilitará a instalación en Monforte de importantes empresas dedicadas á distribución de diverso tipo de materiais ou productos manufacturados que, á súa vez, potenciarán a actividade na estación de ferrocarril.

A instalación destas empresas no Porto Seco supoñerá a creación de postos de traballo directos, ó tempo que favorecerá a instalación doutras empresas en Monforte e a conseguinte oferta de postos de traballo indirectos.

Por todo iso, dende o Concello realízanse as xestións oportunas encamiñadas a acurtar prazos e acelerar a realización deste ambicioso proxecto, fundamental para as aspiracións socioeconómicas de Monforte e de toda a comarca do Val de Lemos.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting