Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Outono - 2017  |  21:13:52
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Escolas Deportivas Municipais » Inscrición

Inscrición nas Escolas Deportivas Municipais


O 6 de setembro abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas que o Concello de Monforte organiza durante o curso 2017-2018. A oferta deportiva divídese en actividades para nenos entre 6 e 15 anos e actividades para adultos a partir dos 16 anos.

Ampliar Foto...

DESCARGA EN DOCUMENTACIÓN ADICIONAL O MODELO DE INSCRICIÓN

Coa inscrición, lembra:

1.- Emprega 1 formulario de inscrición por cada actividade para a que desexes inscribirte (se o cubres no ordenador non deixará que marques más de unha en cada impreso).

2.- Indica se te inscribes para unha actividade de ADULTOS ou de NENOS.

3.- Cumprimenta os datos según o tipo de inscrición que desexes realizar.

Onde podes presentar o formulario de inscrición?

Tes dúas opcións:

1.- Nas Oficinas Municipais de Deportes (Casitas da Compañía, s/n)

  • Cubre o formulario no teu ordenador e imprímeo 
  • Asínao
  • Presentao nunha das Oficinas mencionadas en horario de 09.00 a 14.00 de luns a venres.

2.- Achegao nun correo electrónico ó seguinte enderezo: deportes@concellodemonforte.com

  • Cubre o formulario no teu ordenador 
  • Achégao como adxunto nun correo electrónico ó enderezo indicado.

NOTA - En todos os casos non esquezas acompañar ó formulario de inscrición aqueles documentos necesarios para xustificar situacións que inflúan na inscrición (copia libro de familia se pertences a familia numerosa, copia da cartilla bancaria para os pagos, etc.). Ante calquera dúbida consulta a páxina 2 do formulario de inscrición.

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting