Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:38:40
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH
Tablon de Anuncios

O concello de Monforte de Lemos e o seu organismo Autónomo (Instituto Municipal de Drogodependencias) adheríronse ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe Punto Xeral de Entrada de Facturas que comezará a funcionar con carácter obrigatorio o día 15 de xaneiro de 2015.

FACe

Todos os provedores que teñan entregado bens e prestado servizos a este Concello poderán remitir e expedir factura electrónica e, en todo caso, quedarán obrigados a facelo de acordo co artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, os seguintes provedores:

  1. Sociedades anónimas;
  2. Sociedades de responsabilidade limitada;
  3. Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española;
  4. Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes no territorio español nos termos que establece a normativa tributaria;
  5. Unións temporais de empresas;
  6. Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

De acordo coas Bases de execución do orzamento quedan excluídas desta obriga de facturación electrónica as facturas cuxo importe sexa igual ou inferior a  5.000 euros.

¿Cómo remitir as facturas?

Os provedores para remitir as súas facturas deberán facelo a través do FACe no seguinte enlace: https://face.gob.es/es/
Para a remisión de facturas que necesitarán dun Certificado Dixital válido emitido por calquera das entidades de certificación recoñecidas.
Neste enlace poderán consultar e remitir facturas e descargar a aplicación para xeralas.

www.administracionelectronica.gob.es/es/ctt/face
Os provedores dispoñen dun manual que  presenta as funcionalidades do sistema FACe .
A aplicación permite anexar documentos, polo que este Concello exige a incorporación da factura en PDF a efectos da súa tramitación.

Códigos DIR3 do Concello

Facilítanse os Códigos DIR3 Concello de Monforte de Lemos e Organismo Autónomo de Drogodependencias, que, en calquera caso, poderán consultarse na mesma páxina de remisión de facturas:

CÓDIGOS ORGANOS XESTORES E UNIDADES TRAMITADORAS DO CONCELLO DE MONFORTE
DIR 3 – TRAMITACIÓN FACTURAS.
OFICINA CONTABLE ORGANO XESTOR UNIDADE TRAMITADORA
CÓDIGO DENOMINACIÓN CÓDIGO DENOMINACIÓN CÓDIGO DENOMINACIÓN
L01270312 Intervención
Concello

de Monforte
L01270312 Alcalde/Xunta de
Gobierno Local
L01270312 Intervención
Concello de
Monforte

 

CÓDIGOS ORGANOS XESTORES E UNIDADES TRAMITADORAS DE ORGANISMO AUTÓNOMO
INSTITUTO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIAS
DIR 3 – TRAMITACIÓN FACTURAS.
OFICINA CONTABLE ORGANO XESTOR UNIDADE TRAMITADORA
CÓDIGO DENOMINACIÓN CÓDIGO DENOMINACIÓN CÓDIGO DENOMINACIÓN
LA0004586 Intervención Instituto
Municipal
Drogodependencias
LA0004586 Alcalde/Xunta de
Gobierno Local
LA0004586 Intervención Instituto
Municipal
Drogodependencias

 

Normativa Aplicable

 

 

Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting