Exposición Entomoloxías de Raquel G. Figueiras

 

Do 16 de novembro ó 13 de decenbro de 2019 e na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do Concello de Monforte, realizarse unha exposición titulada "Entomoloxías" da chantadina Raquel González Figueiras. A inauguración será o sábado 16 de novembro ás 19:00 h .

De formación psicopedagoga Raquel González Figueiras, dun xeito ou outro sempre estivo próxima ao feito creativo. A cabalo entre Madrid e Galiza desenvolveu nos últimos anos a súa traxectoria artística. Escuela Creare, Escuela de arte Kroom, Escuela de Cerámica La Bisbal, son algúns dos seus referentes de formación. Actualmente segue traballando a escultura cerámica na escola taller do escultor Ernesto Amadeo Schlieper.