Concerto de Lucus Ensemble e Exposición de Instrumentos Medievais

 

O vindeiro venres 3 de maio, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, acollerá, a partir das 20:15 horas, o concerto da formación Lucus Ensemble.

Este concerto forma parte do programa de concertos "O son do tempo" co que a Deputación de Lugo, a través da delegación de Cultura, ten como obxectivo o estudo, a divulgación, o préstamo de pezas e a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 concellos da provincia.

Deste xeito, o citado obxectivo materialízase tanto a través do mencionado ciclo de concertos como dunha exposición de instrumentos medievais (que tamén estará presente en Monforte o vindeiro día 3) a cargo do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.

entrada, tanto ao concerto como á exposición de instrumentos musicais é gratuíta.