Representación de Duncan de Palleiro, da Compañía Lilá Teatro

Espectáculo para todos os públicos (a partir de 3 anos). Representación de Duncan de Palleiro, da Compañía Lilá Teatro, o luns 23 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.

O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá este luns 23 de decembro ás 18:00 horas, dento do programa Proscenio da Deputación Provincial de Lugo, unha representación teatral para público infantil a partir dos 3 anos, con entrada libre e gratuita. Representación que realizará a compañía LÍLÁ TEATRO coa obra “Duncan de Palleiro”.

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a unha raza mítica, lendaria e con moito prestixio: a de Palleiro, o príncipe das corredoiras. Duncan leva unha vida sinxela á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas, chamada Oubidos, da que se sente moi fachendoso. Duncan ama profundamente ós nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa a ninguén indiferente. Amizade, amor e liberdade son as palabras que mais lle gustan a Duncan de Palleiro.

Obra propia da compañia Lílá Teatro está representada por Lines González e Lara Manzano.