Titiriterra con Belarmina, a fabulosa belutina

Tamén o luns 30 de decembro, a compañía Titiriterra representará teatro de títeres para público infantil e familiar: Belarmina, a fabulosa belutina. Será ás 18 horas no Edificio Multiusos.

O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá este luns 30 de decembro ás 18:00 horas, dento do programa Proscenio da Deputación Provincial de Lugo, unha representación de Teatro de Títeres para público infantil e familiar con entrada libre e gratuita. Representación que realizará TITIRITERRA coa obra “BELARMINA, A FABULOSA VELUTINA”.

Belarmina é unha obra de teatro musical e é consecuencia do encontro entre Gustavo Fouce (director teatral), Martín Vázquez (músico) e Verónica Quintela (artesá creadora). Poñendo en común as súas habilidades e o seu interese pola natureza, nace unha obra fresca e chea de humor. O problema da invasión da avispa asiática da pé a unha sucesión de encontros e desencontros entre dous seres moi diferentes e moi humanos. A abella orgullosa e a avispa que se debate entre o desexo de amizade e o deber de devorar a súa nova amiga.