Oferta educativa municipal

CURSOS DE VERÁN DE MÚSICA E DANZA DO CONSERVATORIO MUNICIPAL

O Concello de Monforte informa da apertura do prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que se organizan no Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibañez”: a partir do vindeiro mércores día 1 de xullo e ata 5 días antes do inicio de cada curso permanecerá aberto dito prazo de matrícula.

A principal novidade deste ano é que os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto no mes de xullo coma no de agosto, algo que en pasadas edicións so se celebraba no mes de xullo. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Equipo de Goberno do Concello, e dada a especial situación que se está a vivir por mor do COVID-19, decidimos ampliar a celebración destes cursos ó mes de agosto, motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que  nenos e nenas poidan gozar dunhas vacacións activas practicando, como é neste caso, actividades tanto lúdicas coma formativas relacionadas coa danza e a música”.

Cursos de verán de danza e música en Monforte

O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será, para todos os casos, de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. O nivel das diferentes materias será de iniciación, medio ou avanzado.

horario de desenvolvemento dos Cursos serán en horario de mañá, repartido por grupos e niveis, entre as 10 e as 13 horas, agás o Curso de música e movemento que se desenvolverá nun só grupo de 10 a 13 horas.

prazo de inscrición abrirase a partir do 1 de xullo ata 5 días antes do inicio de cada cursiño correspondente.

A inscrición realizarase na oficina do Rexistro da Casa do Concello, aportando a solicitude e impreso de autoliquidación debidamente cuberta co recibo da taxa aboado, así como fotocopia do DNI do alumno ou alumna. Tamén poderase realizarse a inscrición enviando a solicitude, impreso de autoliquidación e recibo aboado a dirección de correo electrónico conservatorio@concellodemonforte.com .

As solicitudes estarán dispoñibles na Sede Electrónica da páxina web do Concello.  A partir do 10 de agosto tamén se poderá realizar a inscrición na Secretaría do Conservatorio en horario de mañá.

Do mesmo xeito, dende o Concello irase informando, a través da páxina web no apartado correspondente ós Cursos de verán de música e danza, no momento en que se cubran todas as prazas dun determinado curso, a fin de que os interesados poidan saber en qué cursos quedan prazas dispoñibles e en cales non.

As materias de instrumento estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 7 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro,..).

Para inscribirse nas materias de instrumento será indispensable que o alumno aporte o seu propio instrumento persoal, agás en piano e percusión (en piano será preciso traer auriculares).

O curso de Música e movemento está dirixido especificamente a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos. Constará dun taller específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica, vocal e auditiva. Neste taller os alumnos e as alumnas terán que aportar como material propio lapis, goma, afialapis e pinturas.

Polo que respecta á Danza, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica. Na modalidade de ballet clásico os alumnos e as alumnas aportarán zapatillas de ballet de media punta ou similares, nas outras modalidades de danza poderase asistir con zapatillas deportivas normais.

Materias, datas de celebración e prazas dispoñibles

Música:

Violín: a partir de 7 anos, celebrarase do 13 ao 17 de xullo e contará con 9 prazas.

Piano 1º grupo: a partir de 7 anos, celebrarase do 13 ao 17 de xullo e contará con 9 prazas.

Guitarra: a partir de 7 anos, celebrarase do 27 ao 31 de xullo e contará con 9 prazas.          

Saxofón: a partir de 7 anos, celebrarase do 27 ao 31 de xullo e contará con 9 prazas.           

Música e movemento: de 5 a 8 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 12 prazas.

Vento metal: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 6 prazas.

Clarinete-Frauta: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 9 prazas.

Gaita: a partir de 7 anos, celebrarase do 17 ao 21 de agosto e disporá de 9 prazas.

Guitarra eléctrica: a partir de 7 anos, inclúe guitarra acústica e celebrarase do 17 ao 21 de agosto dispoñendo de 9 prazas.

Clarinete-Frauta: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 9 prazas.

Percusión tradicional: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 15 prazas.

Percusión moderna: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 15 prazas.

Piano 2º e 3º grupo: a partir de 7 anos, celebrarase do 24 ao 28 de agosto e disporá de 18 prazas.

 

Danza:

Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.

Danza tradicional galega: a partir de 6 anos, terá lugar do 3 ao 07 de agosto, con 18 prazas.

Danza moderna 1:  de 6 a 9 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.

Danza moderna 2: a partir de 10 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.

Ballet clásico: a partir de 6 anos, terá lugar do 17 ao 21 de agosto, con 12 prazas.

 

Protocolo de seguridade ante a COVID-19

Un dos aspectos esenciais sobre os que o Equipo do Goberno traballou para garantir o éxito na organización e desenvolvemento dos Cursos de Música e Danza deste ano, foi o establecemento de protocolos de seguridade e hixiene fronte o COVID-19.

Así, deseñouse un protocolo de actuación para seguir escrupulosamente, acorde coas medidas prescritas polo Ministerio de Sanidade e en colaboración cos profesores do Conservatorio.

Así, as medidas serán as seguintes:

  1. A entrada e saída ó centro farase de xeito gradual, gardando a distancia interpersoal.
    1. Na ocupación das aulas ou escenario de ser o caso, a distancia interpersoal mínima entre o alumnado será de 1,5 metros.
    2. O desprazamento dos alumnos e alumnas polos pasillos do centro reducirase ao mínimo, organizándose as entradas e saídas das aulas con distancia interpersoal e escalonada.
  2. Realizarase unha hixiene cotiá e minuciosa das mans.
    1. Nos baños do centro haberá dispensadores de xabón, papel de secado desbotable e secadores de mans.
    2. Tanto á entrada do centro como nas aulas, colocarase un dispensador de xel hidroalcohólico.
  3. Os alumnos e alumnas usarán obrigatoriamente mascarilla que deberán usar nas respectivas clases, agás os que se inscriban en instrumentos de vento, que as deixaran de usar no momento que teñan que emitir o son, a modo individual.
    1. O Concello, por medio do profesor ou profesora, facilitará mascarillas a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan delas.
  4. Colocarase papel desbotable nas aulas e solución desinfectante, para que profesores e alumnos poidan proceder a desinfectar o seu material de traballo, atril, pupitre (de ser o caso) e espazo persoal ao abandonar a aula. Os alumnos que teñan que eliminar secrecións respiratorias utilizarán tamén o papel desbotable que deberán arroxalo a unha papeleira axeitada.
  5. Deberá evitarse estreitar as mans e o contacto físico.
  6. Se un alumno ou alumna ten síntomas sospeitosos no centro ou estes son detectados polo  profesor, será retirado a unha aula individual e comunicarase inmediatamente a familia e ó Concello.

 

ENLACES PARA DESCARGA DE DOCUMENTOS:

  Solicitude de matrícula Cursos Verán Conservatorio

 Impreso Autoliquidación Cursos Verán Conservatorio

Conservatorio municipalCONSERVATORIO PROFESIONAL MUNICIPAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”

Edificio Multiusos Concello de Monforte / Ronda María Emilia Casas Baamonde, s/n - 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Teléfono: 982 403 893

Horario de secretaría: de 10.00 h a 13.00 h de Luns a Venres

Especialidades:

Iniciación á música, Grao profesional de música-Clarinete, Grao profesional de música- Frauta Traveseira, Grao profesional de música-Guitarra, Grao profesional de música-Percusión, Grao profesional de música-Piano, Grao profesional de música-Trombón, Grao profesional de música-Trompa, Grao profesional de música-Trompeta, Grao profesional de música-Tuba, Grao profesional de música-Viola, Grao profesional de música-Violín.

Máis información aquí

 

INFORMACIÓN ACADÉMICA

Ábrese o Prazo de Inscrición para acceso ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

Programación Didáctica. Adaptacións 3º Trimestre Curso 2019-2020

Probas acceso 1º curso grao profesional curso 2020-2021

 

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA

Especialidades:

En música, complétase o ensino instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos que se organicen na escola. As especialidades de baile de salón, ballet clásico e danza moderna quedan supeditadas a que haxa un número suficiente de alumnado inscrito en cada curso.

Establécese un mínimo de 15 alumnos en cada disciplina. 

Danza tradicional galega (todas as idades)

Danza moderna (a partir de 9 anos)

Ballet clásico (a partir de 5 anos)

Baile de salón (adultos)

 

Nas distintas especialidades de danza, ademais de clases convencionais, pódese participar en eventos culturais cos distintos grupos que se formen.

MÚSICA

DANZA

Percusión (batería e percusión latina)

Danza tradicional galega (todas as idades)

Percusión galega (pandeireta, tamboríl, bombo e pandeiro)

Danza moderna (a partir de 9 anos)

Teclado e Acordeón

Ballet clásico (a partir de 5 anos)

Guitarra española, Guitarra eléctrica

Baile de salón (adultos)

Gaita, Clarinete, Flauta traveseira, Saxofón

 

Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

 

 

GRUPOS MUNICIPALES DE MÚSICA E DANZA

 

músicaBanda e grupo de gaitas

Creada en 1993 - Director: D. Emilio Estévez Núñez

Actuacións máis destacadas: Madrid, Zaragoza, Valencia, Pontevedra, Almansa, Santiago de Compostela, Asturias, Oporto (Portugal), Martigny (Suiza), Bayreuth e Frankemberg (Alemania), Brioude (Francia), Turín (Italia), TVG, Fuengirola, Zamora, Cidade Real, Amberes (Bélgica), Quimper (Bretaña-Francia), Nuoro,

 

Coral polifónica

Creada en 1997 - Director: D. Fernando Sanmartino Pérez

Número de voces: 55 /16 sopranos -14 contraltos -9 tenores -11 baixos

Actuacións máis destacadas: Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Nuoro (Cerdeña), TVG, Asturias, Zamora, Quimper (Bretaña-Francia), Nuoro e Galicia. No ano 2001 gravou un C.D. con música variada.

 

Grupos de baile da Escola de danza tradicionalBaile

Creados en 1992 - Directora: Dª Teresa Álvarez Rodríguez (desde 2005)

Actuacións máis destacadasEspaña: TVE e TVG, Zaragoza, Valencia, Pontevedra, Sarria, Almansa, León, Miranda de Ebro, Toreno, Ribadesella, Bembibre, Valladolid , Fuengirola, Zamora e Torrelavega. Portugal: Lanheses, Ponche de Lima, Peso dá Regoa, Braga, San Torcuato, Guimaraes, Chaves, Porto, Rio Meao, Leiria, Valença, Viana do Castelo e San Paio de Oleiros (Portugal). Resto de Europa: Bayreuth e Frankemberg (Alemania), Turín (Italia), Rennes e Brioude (Francia), Martigny (Suiza), Amberes (Bélxica).

 

saxofón

 

Banda de música

Presentación en Xuño de 1998 - Director: D. Fernando Sanmartino Pérez

Formada por 34 componentes

Actuacións máis destacadas: Festivais do Concello, por toda a comunidade galega e TVG.

 

 

Grupo de cantareiras e pandereteiras

Creado en 2005 - Director: D. Emilio Estévez Núñez

Actuacións máis destacadas: Festivais do Concello e Festas Populares.

 

UNED - UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA 

Casa da Cultura. Praza de España 3. 27400 Monforte de Lemos.apuntes

Telf: 982.41 62 36  - Correo electrónico: monforte@lugo.uned.es

Horario Lectivo: Luns a Venres de 9:00 h a 11:00 h. e de 16:00 h a 21:00 h.

Horario non Lectivo: Luns a Venres de 8:30 h a 14:00 h.

Na nosa Aula Universitaria, ademais de contar con servizo administrativo (información, realización de matrículas, asesoramento para becas, certificacións, carnés de alumno, compulsas...), impártense titorías presenciais do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos, os Graos de Psicoloxía e Educación Social e, a través de videoconferencia e online, do resto de Graos que oferta a UNED, previa petición dos alumnos. Dispoñemos de Biblioteca, servizo de préstamo a domicilio e préstamo interbibliotecario, Aula de Informática, acceso a Internet e WI-FI. @s matriculad@s na UNED e toda persoa que o desexe poden asistir aos interesantes cursos de Extensión Universitaria que se ofertan durante o curso académico así como aos Cursos de Verán para ampliar os seus coñecementos en distintos campos.

 Accede á web de UNED en Monforte

 

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE MONFORTE

Rúa de Leopoldo Calvo Sotelo, 65, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

Telf: 982 82 89 91

Idiomas: alemán, francés, inglés, italiano.

  Accede á web da EOI en Monforte