Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Seis concertos amenizarán as prazas de Monforte no mes de agosto

A concelleira de Cultura, Pilar López, presentou a actividade musical de verán “Concertos de Música Moderna nas Prazas”, nun acto no que estivo acompañada por Fernado Sanmartino, director do Conservatorio Municipal, e Alfonso Muñoz, de Fábrica de Sons.

 

12/07/2013 Noticias histórico
Mercados de Monforte será un escaparate dos produtos da Ribeira Sacra

A concelleira de Promoción Económica, Mº Xosé Vega, presentou os mercados temáticos do vindeiro mes de agosto, mes no que estes mercados que se celebran na Praza de Abastos de Monforte estarán dedicados exclusivamente ós produtos da Ribeira Sacra.

 

18/07/2013 Noticias histórico
Pleno Ordinario 24 de Xullo de 2013

ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación Acta do Pleno de data 27 de xuño de 2013. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía, do número 344 (de data 19/06/2013) ao número 387 (de data 12/07/2013). 3.- Conta Xeral do Exercicio 2012. 4.- Proposta do PP sobre o rexeitamento e condena ao terrorismo. 5.- Proposta do BNG sobre a anulación da orde de 28/05/2013 sobre a prestación ortoprotésica de Galicia.

24/07/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Ordenación do tráfico de vehículos con motivo das Festas Patronais

Para facilitar a instalación dos postos das Festas Patronais, o estacionamento do Parques dos Condes permanecerá pechado ao tráfico a partir do día 6 ás 24 h. Como espazos de aparcadoiro alternativos sinálanse as rúas Sarria e Escultor Francisco Moure.

06/08/2013 Noticias histórico
O día 21 comeza a XVI Feira do Libro de Monforte

O alcalde, Severino Rodríguez, a concelleira de Cultura, Pilar López, Antonio Fernández Maira, representante da Federación de Librarías de Galicia, e a libreira monfortina, Ada Agrasar, presentaron a XVI Feira do Libro de Monforte de Lemos que se desenvolverá do 21 ó 24 de agosto na zona peonil da rúa do Cardeal.

 

16/08/2013 Noticias histórico
O Concello pretende baixar o IBI para o 2014, sempre que Rajoy o permita

A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, compareceu en rolda de prensa para falar da comunicación informativa que se está enviando ós veciños e veciñas de Monforte sobre a suba do Imposto de bens Inmobles (IBI).

 

23/08/2013 Noticias histórico
O alcalde transmítelle a Fenosa a súa indignación polo peche da oficina monfortina

O alcalde de Monforte remitiu unha carta ó delegado general en Galicia de Gas Natural Fenosa solicitándolle a inmediata apertura dunha oficina de atención ó público na nosa cidade.   

 

24/08/2013 Noticias histórico
O Concello valorou as solicitudes de becas para libros e material escolar

A concellería de Benestar Social, dirixida por Pilar López, informa que a partir do vindeiro luns día 2 de setembro comezarán a entregarse os vales para a adquisición de material escolar para o curso 2013/2014, a aquelas persoas cuxas solicitudes foron aprobadas.

 

30/08/2013 Noticias histórico
Pleno Ordinario 5 de Setembro de 2013

ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación actas dos Plenos de datas 4 de xullo de 2013, 24 de xullo de 2013 e 26 de xullo de 2013. 2.- Dar conta de decretos da Alcaldía, do número 388 (de data 12 de xullo de 2013) ata o número 475 (de data 29 de agosto de 2013). 3.- Proposta do PSOE sobre limpeza da lagoa do Parque dos Condes.

05/09/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
A Concelleira de Promoción Económica presenta a avaliación dos Mercados de Agosto adicados á Ribeira Sacra

Os mercados de agosto rexistraron un aumento moi significativo na afluencia de visitantes con respecto ao dos últimos meses. Asemade o feito de estar dedicados aos produtos da Ribeira Sacra os 4 fins de semana, servíu de incentivo para que clientes locais e, en especial, turistas acudisen.

11/09/2013 Noticias histórico