Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Esta fin de semana comeza unha nova tempada para os Mercados de Monforte

O Espazo Central do Praza de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 8 e 9 de febreiro, para acoller un mercado dedicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra.

 

07/02/2014 Noticias histórico
Julia Otero destaca o valor e a importancia do proxecto da Fundación Semente de Monforte

Integrantes da Fundación Semente de Monforte, acompañados pola xornalista Julia Otero, presentaron o logotipo e a páxina web da Fundación e deron a coñecer o número de conta onde se poderán depositar as achegas económicas para este proxecto.

 

17/02/2014 Noticias histórico
Os alcaldes adoptarán medidas ante a suba do canon de Sogama

Diante da negativa da Xunta de Galicia a abrir vías de diálogo sobre o desmesurado incremento da taxa que os concellos pagan a Sogama, varios representantes do movemento municipalista contrario á suba do canon reuníronse  en Chantada.

 

19/02/2014 Noticias histórico
I Festa do Viño Novo no Centro do Viño en Monforte

O concello de Monforte, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe e coa empresa Rutas Sacras Nomar,  xestora do Centro do Viño,  organiza  este sábado día 1 de Marzo  a “I Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra”.

 

27/02/2014 Noticias histórico
As parcelas do Porto Seco inaugurado hoxe sairán á venda a próxima semana

O presidente da Xunta anunciou hoxe que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana o concurso de venda das parcelas do Porto Seco de Monforte de Lemos, que se ofertarán a un prezo un 15% inferior ó inicialmente previsto. Así, indicou que as parcelas sairán á venda a un prezo medio arredor dos 60 euros/m².

 

28/02/2014 Noticias histórico
Un mes de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller

A concellería de Igualdade, dirixida por Ana Casal,  organiza a través do Centro de Información á Muller (CIM), as actividades que se desenvolverán co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día  Internacional da Muller”.

 

05/03/2014 Noticias histórico
Amplo e diverso programa de actividades socioculturais e de envellecemento activo

A concellería de Benestar Social do concello de Monforte, contando co financiamento da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, deseñou un amplo programa de actividades socioculturais e de envellecemento activo.

 

16/03/2014 Noticias histórico
O custo de explotación da nova potabilizadora tratarase nunha Xunta de Portavoces

O alcalde, Severino Rodríguez, convocou unha Xunta de Portavoces que se celebrará na Casa do Concello ás 11:00 h. de mañá mércores día 19 de marzo.

 

O asunto que tratará o alcalde cos portavoces municipais, Julia Rodríguez (PP), José Tomé (PSOE) e Mª Xosé Vega (BNG), será o do custo de explotación da nova potabilizadora.

 

18/03/2014 Noticias histórico
Muller Creativa: un Mercado para promover o talento das mulleres de Monforte

A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 29 e 30 de marzo, un Mercado no que 17 mulleres monfortinas darán a coñecer o seu talento creativo.

 

En Monforte existe un número importante de creadoras, moitas delas  novas, e a organización dos mercados considera que é importante que o público as coñeza.

 

26/03/2014 Noticias histórico
Admitidas 95 solicitudes para participar na XII Feira Medieval de Monforte

O número de participantes admitidos/as na XII Feira Medieval de Monforte, que se celebrará os días 19 e 20 de abril, supera amplamente os da edición do ano 2013.

 

01/04/2014 Noticias histórico