Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Trescentos mil euros do remanente de tesourería destinaranse á realización de obras

Unha vez pechada e aprobada en pleno a conta xeral do ano 2013, o concello de Monforte dispón dun remanente de tesourería que ascende á cantidade de 670.000 euros.

 

O alcalde, Severino Rodríguez, compareceu en rolda de prensa para explicar que ese diñeiro destinarase a amortizar débeda, a inversión en obras, e a pagar unha multa da Confederación Hidrográfica.

 

06/10/2014 Noticias histórico
A Oficina Municipal de Rehabilitación elaborará unha listaxe de profesionais

O Concello informa que a Oficina Municipal de Rehabilitación elaborará unha listaxe de profesionais do sector da rehabilitación de vivendas para poñelo a disposición das persoas interesadas en levar a cabo obras nos seus domicilios.

 

26/10/2014 Noticias histórico
O Concello repartirá 35 novos compostadores entre os habitantes da zona urbana

A concellería de Medio Ambiente do concello de Monforte segue participando no proxecto de compostaxe doméstico impulsado por Sogama coa pretensión de obter importantes beneficios ambientais e económicos.

 

06/11/2014 Noticias histórico
Votación de estranxeiros nas eleccións municipais do ano 2015

O servizo de estatística-padrón do concello de Monforte de Lemos (oficina do censo electoral), informa sobre o dereito a voto dos estranxeiros na próximas eleccións municipais.

 

20/11/2014 Noticias histórico
Diversidade de actos contra a violencia de xénero

O martes día 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, celebraraseo acto central de tódalas actividades conmemorativas que dende a concellería de Igualdade se van desenvolver ó longo de toda a semana.

 

23/11/2014 Noticias histórico
O equipo de goberno presenta un proxecto de orzamentos sociais e pensados para as persoas

O Alcalde, Severino Rodríguez e a concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega Buján, presentaron aos voceiros da oposición o borrador de orzamentos previstos para o ano 2015.

21/11/2014 Noticias histórico
Monforte celebrou hoxe o acto central contra a violencia de xénero

A concellería de Igualdade conmemorou hoxe o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero cun acto que se celebrou ás 12:00 horas na Praza de España, no que se deu lectura a un manifesto e se repartiron lazos brancos simbolizando o rexeitamento á violencia de xénero.

 

25/11/2014 Noticias histórico
O equipo de Severino Rodríguez leva investidos preto de 10.000.000 € en obras que melloraron a accesibilidade na cidade
  • Leváronse a cabo obras de accesibilidade en máis de 20 rúas repartidas por toda a cidade, ademais de edificios públicos e colaboracións con entidades recreativas da nosa cidade.

 

  • No ano 2015 continuarán as obras de mellora doutras zonas mediante un acordo coa Deputación Provincial de Lugo.

 

18/12/2014 Noticias histórico