Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Subvencións da Xunta para cubertas e fachadas de vivendas

O Concello de Monforte informa sobre diversas axudas da Xunta de Galicia para a rehabilitación de cubertas e fachadas de vivendas.

 

No Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 50, do 13 de marzo, a Consellería de Economía e Industria publica subvencións destinadas á rehabilitación con granito das fachadas e á renovación de cubertas de lousa e de tella cerámica.

 

17/03/2015 Noticias histórico
Un vagón ferroviario albergará un restaurante no centro da cidade

Un vagón cedido ó Concello pola Fundación dos Ferrocarrís de Galicia instalarase no parque dos Condes e transformarase nunha cafetería restaurante.

 

A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, e o secretario da Fundación, Luis Blanco, explicaron en rolda de prensa os pormenores desta intervención.

 

25/03/2015 Noticias histórico
Só 199 recibos dos case 18.000 domiciliados teñen algún tipo de recargo

A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega Buján, desmentiu que o Concello xire recibos de impostos domiciliados con recargo, tal e como afirma o Partido Popular.

 

30/03/2015 Noticias histórico
O concello de Monforte solicitou un segundo obradoiro para a mocidade

O concello de Monforte solicitou subvención á Consellería de Traballo e Benestar para pór en marcha un Programa Mixto de Emprego e Formación para a mocidade, o que é o mesmo, un Obradoiro de Emprego para a mocidade.

 

09/04/2015 Noticias histórico
A Casa da Cultura e a Biblioteca Pública xa levan o nome poeta Lois Pereiro

Este mediodía Monforte rendeu unha sentida homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor, veciño e Fillo Predilecto da cidade.

 

Celebrouse o acto de nomeamento da Casa da Cultura como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO, e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO.

 

11/04/2015 Noticias histórico
Unha APP para teléfonos móbiles ofrecerá información turística e de servizos en Monforte

O concello de Monforte porá a disposición da veciñanza e dos/das visitantes unha Aplicación de Turismo e Servizos que estará dispoñible nas principais plataformas (Android e IOS).

 

Esta aplicación foi encargada á empresa monfortina ProWebPC, e agárdase que antes do verán estea plenamente operativa.

 

14/04/2015 Noticias histórico
Aberto o prazo para solicitar subvencións para asociacións e parroquias

21/04/2015 Noticias histórico
O Concello informa sobre unha sentenza consecuencia dunha demanda interposta a petición dos grupos da oposición

A sentenza, que lle da a razón á empresa concesionaria, non supón ningún custo económico para as arcas municipais

 

27/04/2015 Noticias histórico
O Concello de Monforte presenta un libro dedicado á figura do poeta monfortino Lois Pereiro

O Alcalde, Severino Rodríguez, e a Concelleira de Cultura, Pilar López, presentaron a edición dun libro conmemorativo da figura do poeta monfortino Lois Pereiro. Trátase dunha edición enmarcada nos actos programados polo Concello para conmemorar o ano 2015 como Ano Lois Pereiro.

 

21/05/2015 Noticias histórico
III Xornadas de Bioconstrucción: CON TERRA. Aplicacións constructivas

A Asociación Galega para a Bioconstrución organiza  as III Xornadas de Bioconstrución centradas nas aplicacións construtivas de terra. 

Celebraranse os días 12, 13 e 14 de xuño en Monforte de Lemos.

04/06/2015 Noticias histórico