Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
O Concello destina máis de 67.000 €uros para as entidades deportivas

Os gastos subvencionables corresponden ó funcionamento da entidade e a aqueles ocasionados pola actividade propia desta, así como ós motivados pola participación ou organización de actividades deportivas, gastos ocasionados polo
pagamento de licencias federativas, aloxamento, arbitraxes, adestradores, compras de material deportivo, etc…

10/11/2011 Noticias histórico
Dez produtores agroecolóxicos participarán na Feira "Bocados" que se celebrará no centro do Viño de Monforte

A concelleira de promoción económica, Mª Xosé Vega, presentou a Feira Agroecolóxica “Bocados” que se celebrará no Centro do Viño da Ribeira Sacra o venres e o sábado días 9 e 10 de decembro.

 

02/12/2011 Noticias histórico
O Concello organiza un Campamento de Nadal para os máis cativos

Pilar López dixo que o obxectivo principal do Campamento era facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores durante o período de vacacións, destacando o feito de que se conte cunha empresa monfortina para levar a cabo as diferentes actividades que recolle o amplo programa do citado Campamento de Nadal.

 

02/12/2011 Noticias histórico
Monforte conmemora con diversos actos o "Día Internacional da Muller"

A concelleira de igualdade, Ana Casal,  informa sobre as actividades que se desenvolverán dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Estas actividades realizaranse durante todo o mes e abarcan charlas sobre saúde, obradoiros, unha exposición, e outros actos, algún deles cun carácter máis festivo.

 

02/03/2012 Noticias histórico
Os recortes da Xunta poñen en perigo a feira do libro de Monforte

A concelleira de cultura, Pilar López, rexeita a información relativa á feira do libro de Monforte publicada hoxe nun xornal, atribuíndo á falta de apoio económico por parte do Concello a non celebración deste evento cultural na nosa cidade. Incluso a propia Federación de Libreiros manifestoulle ó Concello a súa sorpresa ante a citada información.

 

02/03/2012 Noticias histórico
Novacaixagalicia manterá a gardería ata 2014 sempre que a Xunta colabore

O Alcalde e a concelleira de educación e cultura reuníronse esta tarde cos pais e nais da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia, coa finalidade de explicarlles o contido da entrevista que o rexedor monfortino mantivo esta mañá con representantes da entidade bancaria, reunión á que se sumaron dous representantes dos pais e nais do citado centro.

 

05/03/2012 Noticias histórico
A UNED de Monforte celebra unhas xornadas sobre educación

A Aula da UNED de Monforte de Lemos pón en marcha as "III Xornadas de Educación: a arte de educar nos distintos ámbitos da vida". 

As xornadas celebraranse en cinco sesións de catro horas de duración cada unha que terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de marzo e o 13 de abril.

06/03/2012 Noticias histórico
Avances na solución á problemática da gardería

 

A reunión convocada polo Alcalde para buscar solucións ó peche da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia celebrouse pasadas as 18:30 horas da tarde de hoxe.

 

09/03/2012 Noticias histórico
O Concello deixou de cobrar catro millóns e medio de euros na década dos noventa

A Corporación Municipal celebrará o vindeiro luns, ás 20:00 h., un pleno urxente e extraordinario no que o único punto da orde do día será o expediente de depuración de saldos contables.

 

10/03/2012 Noticias histórico
O importe das facturas pendentes de pago é inferior a 700.000 euros

15/03/2012 Noticias histórico