Os Mercados de Monforte dedícanse esta fin de semana ós Queixos de Galicia

O novo Espazo do Mercado de Abastos volverá abrir as súas portas a vindeira fin de semana, días 13 e 14 de outubro, para acoller un mercado dos Queixos de Galicia.

 

O sábado e o domingo, días 13 e 14, o Mercado dos Queixos de Galicia contará coa participación de produtores de queixo de tódalas D.O. e Indicacións Xeográficas Protexidas da comunidade autónoma: Arzúa-Ullóa, San Simón da Costa, Queixo Tetilla e Cebreiro.

 

Ademais haberá presenza doutras variedades sen D.O., caso do queixo de cabra e do queixo fresco, así como de produtos vinculados a este tipo de elaboración como o requeixo ou o leite cru manteigoso, algún deles coa cualificación de produto ecolóxico.

 

O Mercado dos Queixos de Galicia contará coa participación de dez produtores, podendo incrementarse esta cifra ata a ducia de expositores, xa que hai dúas empresas pendentes de confirmar a súa asistencia. O Mercado abrirá o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e o domingo en horario matinal, de 10:00 a 14:00.

 

Os dous mercados celebrados con anterioridade, nos meses de agosto e setembro, estiveron dedicados ós produtos das denominacións de orixe da provincia de Lugo e ó pan e as empanadas.

 

O Mercado dos Queixos está organizado polo Concello de Monforte e patrocinado pola Área de Turismo da Deputación de Lugo.

 

 

 

Archivos Adjuntos: