O Concello contrata con empresas de Monforte o 80 % das adxudicacións directas

A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, ofreceu unha rolda de prensa para facer públicos os datos sobre a facturación do Concello, saíndo ó paso das declaracións do PP sobre  a excesiva contratación de empresas de fóra de Monforte.

 

Vega Buján dixo que a voceira do Partido Popular, Julia Rodríguez, facía afirmacións sen rigor e tendenciosas, ofrecendo datos parciais, focalizados nunhas determinadas empresas e presentando unha realidade moi diferente á que realmente existe.

 

A concelleira falou dos case 11 millóns de euros do orzamento municipal, dos cales case 4 millóns destínanse ó pago das nóminas do persoal, “cifra que na súa gran maioría queda en Monforte, porque os traballadores son da localidade”, subliñou.

 

Referíndose exclusivamente á facturación, dixo que o Concello pagou no exercicio 2012 máis de 2.600 facturas correspondentes a obras e servizos contratados, das cales 1.500 foron de empresas de Monforte, “enseñemos 1.500 facturas fronte ás 24 de provedores foráneos presentadas polo PP”, comentou.

 

O gasto total destas facturas ascendeu a 6.673.377 €

 

Desta cantidade, 4.869.547 € destináronse ó pago de obras ou servizos adxudicados por concurso, e a servizos que non presta ningunha empresa monfortina (telefonía, enerxía eléctrica, Sogama, recollida lixo, etc…). Entre estas facturas comentou que tamén as había de empresas de Monforte que gañaran estes concursos (UTE da antiga N-120 por exemplo).

 

Mª Xosé Vega salientou que o Concello puido adxudicar mediante procedemento negociado por invitación ou de maneira directa, a cantidade de 1.803.829 €.

 

De esa cantidade (1.803.829 €), o Concello contratou obras e servizos con empresas de Monforte ou da comarca por valor de 1.449.836 €, e dicir, o 80 %, mentres que con empresas foráneas contratou por valor de 366.992 €, e dicir, o 20 % do gasto directo que puido realizar.

 

Polo tanto, máis do 80 % do gasto directo do Concello destinouse a empresas de Monforte e da comarca, distribuíndose entre 233 provedores.

 

Entre o gasto directo contratado con empresas foráneas, segundo dixo a concelleira de Facenda, hai facturas pagadas a profesionais da bisbarra como o Incio (Día do Gaiteiro), ou Chantada (barcas).

 

Vega Buján dixo que o Concello contrata a xestión das barcas cunha empresa de Chantada porque “non coñecemos ningunha empresa de Monforte que se dedique a isto, polo menos de xeito legal, con IAE, permisos, e tódolos requisitos necesarios”. Tamén comentou que as empresas de Monforte non se presentan a tódolos concursos que convoca o Concello e que, algunhas veces, “as empresas de Monforte non poden facer os traballos que ofrecemos por motivos como a urxencia do prazo para finalizalos, ou que no ofrecen a calidade que o Concello busca”.

 

A concelleira de Facenda puxo exemplos como que ningunha empresa monfortina se presentara ó concurso para elaborar o PXOM ou que, “no caso do transporte escolar invitamos a tres empresas de Monforte pero veu unha de fóra e gañou o concurso”, comentou.

 

Finalmente, Mª Xosé Vega fixo público o seguinte listado de empresas de Monforte que facturaron ó Concello, no ano 2012, cantidades superiores ós 6.000 euros 

 

LISTADO DALGUNHAS EMPRESAS, COMERCIOS OU PARTICULARES DE MONFORTE E COMARCA COS QUE SE CONTRATARON OBRAS OU SERVIZOS DURANTE O ANO 2012

 

M. Casares S.L.     269.082 €

 

XACAS S. COOP GALEGA    140.741 €

 

Palacios Bus S.L.                         86.021 €

 

Espectáculos Espín                      71.345 €

 

López Ramudo, Javier                 43.939 €

 

Limpiezas y Mantenimientos del Noroeste S.L     42.321 €

 

Limpiezas Peña Monforte S.L.    40.492 €

 

Codisoil S.A.        34.282 €

 

Vázquez Vázquez, Manuel Luis     31.428 €

 

Repsol Comercial de Productos Petrolíferos S.A.    30.160 €

 

Comercial Lemos Luz              29.856 €

 

OPAGA 003 S.L.                     29.443 €

 

Informática Breogán S.L.         28.048 €

 

Enrique López e Hijos S.L.      25.689 €

 

Gasolineira As Fontes              22.186 €

 

Raúl e Hijos S.L.                      18.800 €

 

Fernández Vázquez, Benjamín     17.031 €

 

Pinturas Ángel Vázquez S.L.        15.387 €

 

Centro Psicológico Psique Galicia   12.389 €

 

Sanfiz CGAV  S.L.                           11.640 €

 

Vila Chaos, Alfonso                          11.474 €

 

Generali España S.A. Seguros y Reaseguros   11.152 €

 

López Lago, Mª Teresa                           10.869 €

 

Gasóleos de Monforte                             9.845 €

 

Carpintería Metálica Secundino López   9.527 €

 

González Fernández, José Luis               7.973 €

 

Meira Vázquez Virginia                          7.092 €

 

Fernández Gómez, José Luis                   6.863 €

 

Excavaciones y Transportes Ayán           6.709 €

 

Rodríguez Arias, Juan                              6.652 €

 

Suministros BPC S.L.                              6.494 €

 

Adegas Moure, S.A.                                 6.238 €

 

Pérez Vega, Ángel                                   6.223 €

 

 

 

 

 

 

 

Archivos Adjuntos: