A Casa Consistorial acolle a presentación dos dous volumes Ribeira Sacra, publicados por Hércules de Ediciones

3 de setembro de 2018. O Concello de Monforte acolleu a presentación dos dous volumes Ribeira Sacra, publicados por Hércules de Ediciones.

Ademais do Alcalde, no acto estiveron o Deputado Provincial Eduardo Vidal, o autor e fotógrafo da obra, Antón Rodicio e o presidente de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os libros poden adquirirse xa nas librerías ou ben, a través da páxina web de Hércules de Ediciones. 

O mandatario local, José Tomé, destacou que "esta obra é unha nova ferramenta para promocionar e dar a coñecer unha boa parte dos monumentos e das paisaxes máis fermosas da Ribeira Sacra. É un traballo de imaxes que atrapan o interese do lector, porque estas guías plasman nas fotos a riqueza dun territorio singular anclado nas marxes dos ríos Sil e Miño, coa colaboración do río Cabe que acolle nas súas beiras os bancais de viñedos entre pantón e Sober".

O Alcalde engadiu que "hoxe en día a Ribeira Sacra segue medrando, pasou a converterse nun dos xeodestinos máis demandados". 

Por outra parte, Tomé apuntou que "para Monforte, como capital da Ribeira Sacra, todas as obras que axuden a promocionar e a difundir as enormes riquezas naturais, froito da acción do home, sempre van ser ben recibidas e apoiadas pola nosa parte".