A programación do Nadal 2018 inclúe contacontos, música, teatro e actividades para nenos

7 de decembro de 2018. O Concello de Monforte ten preparada unha ampla programación para celebrar as festas de Nadal 2018. Unha delas é o concurso de beléns, no que participan os centros de ensino da cidade. O prazo para inscribirse neste certame estará aberto ata o venres, 14 de decembro, ás 14 horas, no Rexistro Xeral. O nome dos gañadores coñecerase o luns, 17 de decembro. Os premios que entregará o Concello son 100 euros (1º premio), 80 euros (2º premio), 50 euros (3º premio), 30 euros (accésit).

Por outra parte, os máis pequenos da casa volverán participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil, da Biblioteca Municipal.

Hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal:

XXª Mostra de Panxoliñas para centros de ensino. Xoves, 20 de decembro, ás 18 horas no Edificio Multiusos.

Festival de Nadal do Conservatorio Municipal. Venres, 21 de decembro, ás 20 horas no Edificio Multiusos.

Concerto Corais de Nadal. Sábado, 22 de decembro, ás 20 horas, na Igrexa Nosa Señora da Antiga-Escolapios. A actuación estará a cargo da Coral ESO Colexio Escolapios, Coral de Ourense e Coral Polifónica Concello de Monforte.

Espectáculo para todos os públicos (a partir de 5 anos). Representación O agasallo de Anya, de Teatro Marionetas Trécola, o mércores, 26 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.

Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte. O xoves, 27 de decembro, ás 20:15 horas, na Casa da Cultura.

Festa infantil de Noitevella, o venres, 28 de decembro, na zona de mercados da Praza de Abastos. Será de 11 a 13 horas.

Concerto de Carta de Ajuste, con Lo mejor y lo peor de los 80-90. Venres, 28 de decembro, ás 20:15 horas na Casa da Cultura.

O Apalpador visitará as rúas da cidade durante a mañá do sábado, 29 de decembro.

Contacontos con maxia A Historia de Brancaflor, da compañía Fran Rei. Será o sábado, 29 de decembro, ás 18 horas no Edificio Multiusos.

Concerto de Ribeira Sacra Jazz Orquestra, o xoves, 3 de xaneiro, ás 20 horas na Casa da Cultura.

Cabalgata de Reis

Un dos días máis agardados será o sábado, 5 de xaneiro. Os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 16:50 horas. O desfile de carrozas comezará ás 18 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello.

Un pouco máis tarde, ás 19:30 horas, As Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o balcón da Casa Consistorial. Posteriormente, recibirán ós nenos e nenas na planta baixa do Concello.

Ó día seguinte, o 6 de xaneiro, os Reis Magos realizarán unha visita por diferentes centros sociais de Monforte.