Convocado o VI Concurso de axudas para a confección de traxes medievais da XVII Feira Medieval de Monforte

Monforte de Lemos, 11 de febreiro de 2019. O Concello de Monforte de Lemos convoca o VI Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais, actividade que se realizará dentro do programa de actos da XVII FEIRA MEDIEVAL do ano 2019. O concurso desenvolverase do 11 ó 25 de febreiro de 2019.

O obxectivo deste concurso é aumentar a participación da veciñanza nos diferentes actos da XVII Feira Medieval que terá lugar os días 20 e 21 de abril de 2019.

Os/as veciños/as interesados/as en participar neste concurso de axudas para a confección de traxes medievais deberán chamar entre o 11 ó 25 de febreiro de 2019 ás radios Principal Cadena Ser e Onda Cero Monforte durante a emisión local de luns a venres e contestar a unha pregunta formulada polo/a locutor/a referida a Monforte.

O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos anos anteriores.

As radios colaboradoras emitirán unha lista o 26 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto, estas persoas pasarán polo concello do 27 de febreiro ó 6 de marzo a realizar unha solicitude formal no rexistro municipal para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 40,00 € por persoa. Subvención que deberá ser empregada na confección e elaboración dun traxe medieval que se lucirá nos actos da feira medieval os días 20 e 21 de abril de 2019.

Os beneficiarios da axuda, terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 20 e 21 de abril presentándose co seu traxe na Oficina de información da Feira Medieval sita na praza de España.

Unha vez celebrada a Feira Medieval, os beneficiarios da subvención e entre o 22 e o 30 de abril deberán presentar ao seu nome no rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda colaboradora coa Feira Medieval onde realizou o seu traxe, polo importe  concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto.

Os participantes neste concurso non poderán participar no Concurso de Traxes Medievais convocado polo Concello.

As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no concurso de axudas para traxes medievais son:

  • GNOMOS –Hermida Balado 10.
  • TEXIDOS PHILDAR –rúa Doutor Casares nº 12.
  • RETALES MERCE – doutor Teijeiro 38.