O Concello de Monforte súmase á campaña Panos Brancos-Día Internacional contra a Droga

Lugar: 
Monforte de Lemos
Actividad: 
Apoio a Campaña Panos Brancos-Día Internacional contra a Droga
Fecha: 
mércores, Xuño 26, 2019 - 12:00 a 23:45

O Concello de Monforte apoia a campaña Panos Brancos-Día Internacional contra a Droga que conta con un amplo respaldo social e garantía de éxito, dado que se deseña en estreita colaboración con múltiples colectivos sociais, entidades e institucións. Panos Brancos converteuse dende o principio no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, cumprindo este ano 2019 a súa décimo terceira edición.

O propósito desta campaña é conmemorar de forma especial o día contra a droga, que en Galicia ten a súa propia celebración coa campaña "Panos Brancos", cuxos actos centrais da edición de 2019 celébranse hoxe en Ribadumia en coincidencia co Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas (26 de xuño), instaurado pola Organización de Nacións Unidas –ONU-, que quere subliñar a importancia decisiva da participación de familias, escolas e comunidade na prevención do consumo de drogas.

Deste xeito, dende o Concello de Monforte sumámonos a esta campaña, contribuíndo á súa difusión na nosa web e nas nosas redes sociais.

Do mesmo xeito, pódese descargar a través do seguinte enlace o Manifesto oficial da Campaña.

 manifiestopb2019