Inauguración XX Coloquio-Congreso Internacional Historia da Educación

Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2019. A Casa da Cultura de Monforte de Lemos acolleu na tarde de hoxe a xornada inaugural do  XX Coloquio-Congreso Internacional Historia de la Educación: Identidades. Internacionalismo. Pacifismo y Educación. (Siglos XIX y XX), que reúne en Monforte a 150 inscritos que asistirán á exposición e debate de 117 comunicacións (47 na sección de “Identidades”, 29 en “Internacionalismo”, 15 en “Pacifismo” e 22 en “Outras contribucións”), 2 conferencias plenarias, un simposio e 2 obradoiros. Tamén acollerá diversos actos a Facultade de Ciencias de Educación de Ourense.

O acto inaugural estivo presidido por José Tomé Roca, Alcalde de Monforte, quen estivo acompañado por Eugenio Otero Urtaza, Presidente da Sociedad Española de Historia de la Educación, Esther de Blas Varela, Vicerreitora do Campus de Ourense (Universidade de Vigo), María del Mar Lorenzo Moledo, Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela, Narciso de Gabriel Fernández, Catedrático da Universidade de A Coruña, Pilar García Porto, Deputada de Cultura da Deputación de Lugo e Xosé Manuel Cid Fernández, Presidente deste XX Coloquio-Congreso Internacional, e vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.

No seu discurso, o rexedor monfortino manifestou que “es un honor que Monforte se sume al listado de ciudades españolas que acogieron ediciones anteriores de este evento, como es el caso de Sevilla, Granada, Oviedo, San Sebastián o Santiago de Compostela” porque 2Monforte goza de una consolidada tradición escolar a lo largo de su historia y permite reunir aquí a investigadores consagrados. Y, al mismo tiempo, la organización de este tipo de eventos, nos permite que se constituyan importantes espacios de avance  y de difusión científica en el campo de la Historia de la Educación.”

Do mesmo xeito, destacou que “este tipo de eventos siempre constituyen un elemento dinamizador de la economía y del comercio local en las localidades donde se celebran, lo cual les quiero agradecer.”

O Alcalde concluíu a súa intervención desexando aos asistentes “que estos cuatro días de trabajo que van a desarrollar aquí en Monforte, sean realmente productivos y cumplan con los objetivos que se propusieron cuando decidieron celebrar este evento en nuestra ciudad.” E rematou reflexionando arredor da temática deste XX Coloquio: “La Historia de la Educación, es nuestra propia historia, así que todo aquello que hagamos por estudiarla, recuperarla y ponerla en valor, es positivo no solo para los docentes y los investigadores, sino también para el conjunto de la sociedad”.

As actividades de hoxe luns terán continuidade ás 20:00 h., momento en que está prevista para os asistentes ó Congreso a Recepción Oficial na Casa do Concello de Monforte (cóctel de benvida) e ás 22:00 h. o Concerto aberto a todo o público (asistentes ao congreso en particular e monfortinos en xeral) de Carmen Penim Cuarteto, na praza de España.

As Universidades galegas (Vigo, Coruña e Santiago de Compostela) en colaboración coas universidades de Firenze (Italia), Nova de Lisboa (Portugal) e Universidade do Estado de Santa Catarina (Brasil), organizan o XX Coloquio de Historia da Educación.

Baixo o tema elixido para esta ocasión “Educación: Identidades. Internacionalismo. Pacifismo y Educación” , o Coloquio articúlase en tres amplas Seccións, correspondendo aos tres tópicos fundamentais: “Identidades, Internacionalismo e Pacifismo”. Así mesmo, creouse outra sección baixo a denominación de “Outras contribucións” , na que se inclúen outras propostas relacionadas transversalmente coas tres seccións principais.