A Concellería de Igualdade de Monforte pon en marcha o programa “Mulleres mudando o Rural”

Monforte de Lemos, 12 de setembro de 2019. A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller co gallo do 15 de outubro “Día da Muller Rural” desenvolverá un Programa de empoderamento e mellora da empregabilidade dirixido a mulleres denominado “Mulleres mudando o Rural”, en colaboración coa Asociación Sustinea, asociación que traballa o desenvolvemento sostible, con sede en Ourense, ca finalidade de traballar dun xeito integral o empoderamento da muller como un aspecto transversal a evolución en si mesma e a dinamización do rural.

Este Programa ten unha duración de 20 horas distribuídas en 5 sesións de catro horas en horario de 9:30 h a 13:30 h que se levarán a cabo no Centro Cívico Social (paseo do Malecón, 26) nas seguintes datas:

 

Venres 13 de setembro: Obradoiro de Crecemento Persoal: Autocoñecemento e autoestima.

Xoves 10 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas.

Xoves 17 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas II.

Xoves 21 de novembro: Obradoiro de Ferramentas para a vida: Recursos sociais, xurídicos e dixitais.

Mércores 4 de decembro: Obradoiro “Mulleres Natura”: A figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.

 

Este Programa está financiado pola Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia, co apoio do Concello de Monforte, e ten como obxectivo aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, a través da mellora da súa capacitación profesional orientada ás posibilidades de emprego.

As mulleres interesadas en participar na actividade deben inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número 982 416 350.