O Concello de Monforte organiza diversas actividades para conmemorar o Día da Muller Rural

Monforte de Lemos, 11 de outubro de 2019. A Concellería de Igualdade do Concello de Monforte, a través do Centro de Información a Muller (CIM), organiza un ano máis diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural (15 de outubro).

Nesta edición, o Equipo de Goberno do Concello decidiu desenvolver un Programa de empoderamento e mellora da empregabilidade dirixido a mulleres denominado Mulleres mudando o Rural”, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 

Este programa ten por finalidade aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, a través da mellora da súa capacitación profesional orientada ás posibilidades de emprego.

Esta actividade está impartíndose pola Asociación Sustinea de Ourense que traballa o desenvolvemento sostible e ca finalidade de alcanzar dun xeito integral o empoderamento da muller como un aspecto transversal a evolución en si mesma e a dinamización do rural

O Programa, do que xa se realizou unha primeira sesión o pasado 13 de setembro, consta de 20 horas de duración distribuídas en sesións de catro horas en horario de 9:30 h a 13:30 h que se levarán a cabo no Centro Cívico Social nas seguintes datas:

  • Xoves 10 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas.
  • Xoves 17 de outubro: Obradoiro de Apoderamento: Orientación sociolaboral, recursos e entrevistas II.
  • Xoves 21 de novembro: Obradoiro de Ferramentas para a vida: Recursos sociais, xurídicos e dixitais.
  • Mércores 4 de decembro: Obradoiro “Mulleres Natura” : A figura da muller na emerxencia climática e no desenvolvemento rural.

As mulleres que aínda estean interesadas en participar na actividade poden inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ou ben chamando ao número 982 416 350.