Charla-coloquio sobre dereitos sanitarios e testamento vital este xoves no Centro do Viño de Monforte

Monforte de Lemos, 10 de marzo de 2020. O salón de actos do Centro do Viño de Monforte (rúa do Comercio, 6) acollerá este xoves día 12 ás 20:15 horas a charla-coloquio titulada “Dereitos sanitarios e testamento vital”, organizada pola asociación Dereito a Morir Dignamente Galicia (DMD) , e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

A charla-coloquio será presentada e moderada pola Concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, e contará coas seguintes relatoras:

-Ascensión Cambrón Infante, doutora en Filosofía do Dereito e presidenta do DMD Galicia, ademais de profesora emérita da Universidade da Coruña. Formou parte do Comité de Ética do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC).

-Carmen Fernández Casabella, médica xubilada do CHUAC e socia de DMD Galicia.

A charla e posterior debate están abertos a todos aqueles interesados en coñecer os nosos dereitos sanitarios e as claves para a xestión do testamento vital. Máis información en https://derechoamorir.org/dmd-galicia/