O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na Dr. Casares por obras dende este venres día 20

Monforte de Lemos, 18 de marzo de 2020. O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na rúa Dr. Casares por novas obras que se levarán a cabo dende este venres 20 de marzo ás 15:00 horas ata o luns 23 de marzo ás 07:00 horas, no tramo entre o inicio de dita rúa, en Praza de Dr. Goyanes, ata a baixada lateral ó Ambulatorio, que quedará aberta.

Deste xeito, o tráfico cortarase a partir das 15 horas deste venres día 20 e será debidamente ordenado a través da sinalización correspondente, a fin de propiciar o tránsito de vehículos de forma axeitada.

Para a axeitada regulación do tráfico, instalarase sinalización informativa do peche deste tramo de vía nos puntos en que os usuarios deban coñecer este corte para tomar outras rúas nos desprazamentos cara a zona da Estación. Ditos puntos serán: Campo de San Antonio, entrada a Méndez Casal; rúa Santa Clara no enlace con rúa Corredoira e Praza de Dr. Goyanes, esquina con rúa Huertas.

Esta sinalización instalarase en vallas de obra homologadas e nos puntos de corte, e consistirá en sinais verticais, mentres que nos puntos informativos, instalaranse paneis con texto explicativo en vallas de obra homologadas que se indican en cada caso no croquis que incluímos a continuación.

As obras consistirán na corrección de baches existentes na rúa Dr. Casares, propiciados polo afundimento dalgúns adoquíns en dita calzada. Deste xeito, os traballos consistirán no levantamento dos adoquíns afundidos ou deteriorados, que serán nivelados co resto da calzada, que é de pedra. Deste xeito, rematados os traballos, a rúa volverá a contar cun firme axeitado para o correcto tránsito de vehículos.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.