O Alcalde comunica que mañá darán comezo as obras de mellora dos camiños de titularidade municipal PEIM 2019

Monforte de Lemos, 24 de marzo de 2020. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou na mañá de hoxe, continuando co programa de melloras das infraestruturas municipais, o inicio das obras de mellora en varias parroquias dos camiños de titularidade municipal, PEIM 2019, que darán comezo mañá mércores día 25.

Este proxecto foi adxudicado á empresa ACOVAL S.A., por un importe de 77.541,30 euros, IVE engadido, e o seu prazo de execución é de 4 semanas (28 días) dende a data de inicio das obras. O proxecto conta cunha ampliación do prazo de garantía dun ano.

Deste xeito, as obras abordarán a mellora de pistas rurais no perímetro de Monforte e en 6 parroquias, o cal suporá o arranxo dun total de 9 pistas.

 

Concretamente, os camiños  e vías que se van mellorar son os seguintes:

  • O camiño de Lodairo e Pintor Laxeiro, situadas na marxe esquerda da carreteira de Currelos fronte ó recinto da Feira por onde se accede cara a Prodeme.
  • A pista de Cabanas pertencente á parroquia de Moreda, ubicada no barrio do mesmo nome.
  • Na parroquia de Piñeira serán mellorados 2 camiños, neste caso, o Camiño da Recosta e no barrio de A Regueira.
  • Na parroquia de Ribasaltas tamén se vai ver mellorado o Camiño da Colmea que vai paralelo á vía do ferrocarril pola marxe esquerda en dirección a Lugo, situada entre o paso inferior e o río Cabe.
  • A pista de Salvadur, que pertence á parroquia de Rozabales.
  • A pista que vai dende Campo de Abaixo ata a N-120, ata a parroquia de Sindrán.
  • Finamente tamén será arranxado o camiño que vai dende O Miogo ata o Eivedo, na parroquia de San Julián de Tor.

 

“En total”, sinalou Tomé Roca, “as pistas que se inclúen neste proxecto, que todas elas forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte, suman unha actuación de 5 quilómetros e medio, e vai supoñer unha mellora importante nas parroquias afectadas”.

PEIM 2019: Melloras en 9 camiños de titularidade municipal

As obras de mellora do PEIM 2019 abordan vías nas que, dada a proliferación de núcleos rurais e explotacións agropecuarias e forestais, o tráfico, aínda que non moi elevado, é constante en moitas delas, especialmente por maquinaria agrícola e forestal de gran tonelaxe, co cal, estes camiños sofren bastante e son frecuentes as aparicións de fochas e baches que, ós poucos, van deteriorando o firme.

Algunhas das vías afectadas presentan un firme de terra con numerosas zonas con baches aburados, presenza de zonas de auga e firme moi deteriorado. Por iso, nas vías Pintor Laxeiro, Camiño da Recosta, A Regueira, así como nalgúns tramos de Camiño da Colmea e O Miogo-O Eivedo realizaranse as seguintes actuacións:

  • En primeiro lugar, procederase ó refino e planeo da caixa do camiño con motoniveladora.
  • Colocación dunha base de pedra en toda a súa superficie, con pedra 32/63 mm., estendida con motoniveladora e compactada ata a densidade esixida, de 15 cm. de espesor.
  • Finalmente levarase a cabo un triple rego asfáltico:
    • Un primeiro rego semiprofundo cunha dotación de 3,5 Kg/m² de emulsión ECR-2, saturados con 20 litros de grava miúda 8/12,
    • Un segundo rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12
    • E un terceiro rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo iso debidamente compactado.

As outras vías sobre as que se actúa (Lodairo, Cabanas, Salvadur, Sindrán-N120 e algúns tramos do Camiño da Colmea e O Miogo-O Eivedo) presentan un firme bituminoso con dobre tratamento superficial sobre grava e gravilla. Nestes casos, levarase a cabo unha rexeneración do firme, que consistirá en:

  • En primeiro lugar, procederase ao varrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente efectuarase o bacheo nas zonas en que é necesario, con bacheo de firme asfáltico, a base de 10 cm. de pedra 40/70, e un rego asfáltico con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2, debidamente saturado e compactado.
  • Nalgúns tramos procederase a un rego de selado con dotación de 1,5 Kg. de ECR-2 saturados con 5 litros de area lavada, todo debidamente compactado.
  • Para rematar, noutros tramos, procederase a un dobre rego asfáltico, sobre o firme existente, baseado nun primeiro rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun segundo rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

Así mesmo, na vía O Miogo-O Eivedo, procederase ao arranxo dun desnivel importante existente nunha das cunetas da vía, nun tramo de 60 metros de lonxitude e que na actualidade presenta unha situación que pon en risco ás persoas que circulan por esa vía. Para iso, procederase ao baleirado da terra vexetal, a escavación da cimentación, a construción dun muro de formigón armado, a colocación de tubos para pluviais, coas arquetas correspondentes, e o recheo posterior con zahorra, antes da aplicación do firme asfáltico superior.

 

Resumo de actuacións

  • Lodairo: Punto quilométrico (P.K.) 0,000 – P.K. 0,400:  Barrido,  bacheo e doble rego asfáltico.
  • Pintor Laxeiro:
    • P.K. 0,000 – P.K. 0,170: Barrido,  bacheo e rego asfáltico.
    • P.K. 0,170 – P.K. 0,350: Refino e planeo de caixa, base de pedra e triple rego asfáltico.
  • Cabanas:
    • P.K. 0,000 – P.K. 0,200: Barrido,  bacheo e doble rego asfáltico.
    • P.K. 0,200 – P.K. 1,050: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
  • Camiño da Recosta: P.K. 0,000 – P.K. 0,255: Refino e planeo de caixa, base de pedra e triple rego asflático.
  • A Regueira: P.K. 0,000 – P.K. 0,220: Refino e planeo de caixa, base de pedra e triple rego asfáltico.
  • Camiño da Colmea:
    • P.K. 0,000 – P.K. 0,165: Refino e planeo de caixa, base de pedra e triple rego asfáltico.
    • P.K. 0,165 – P.K. 0,615: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
  • Salvadur:
    • P.K. 0,000 – P.K. 0,170: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
    • P.K. 0,170 – P.K. 0,585: Barrido,  bacheo e doble rego asfáltico.
  • Sindrán – N-120: P.K. 0,000 – P.K. 2,180: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
  • O Miogo - Eivedo:
    • P.K. 0,000 – P.K. 0,275: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
    • P.K. 0,275 – P.K. 0,505: Refino e planeo de caixa, base de pedra e triple rego asfáltico.
    • P.K. 0,505 – P.K. 0,825: Barrido,  bacheo e un rego asfáltico.
    • P.K. 0,310 – P.K. 0,370: Escavación da cuneta, carga, transporte, formigón armado, caño de 400 mm e base de zahorra.