A piscina climatizada e o ximnasio municipais de Monforte volverán a abrir as súas portas dende mañá sábado

Monforte de Lemos, 10 de setembro de 2021. O Concello de Monforte informa que, tendo en conta a última normativa publicada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, segundo a cal Monforte deixa de estar en nivel máximo de restricións, a partir de mañá sábado 11 de setembro o deporte non federado poderá volver a realizarse novamente en espazos pechados.

Deste xeito, a piscina climatizada municipal e o ximnasio de Monforte volverán abrir para a práctica deportiva non federada e prestará os seus servizos habituais con normalidade.

O regulamento que permite está apertura está recollido na ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Do mesmo xeito, o Concello subliña que nesta apertura o aforo estará limitado ó 50%, segundo o establecido pola normativa autonómica para os concellos con nivel de restricións alto.