Noticias:
-
Todo listo para o inicio das actividades este luns do Campamento Deportivo de Verán 2020 do Concello de Monforte
Monforte de Lemos, 10 de xullo de 2020. O Concello de Monforte informa que este luns 13 de xullo comeza a actividade da primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello de Monforte, no que participarán un total de 72 rapaces e rapazas, o que supón a ocupación do cen por cen... -
O Alcalde asina o pago das primeiras 208 axudas do Plan Reactiva Monforte
Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar un decreto polo que se resolve a concesión das axudas englobadas no Plan Reactiva Monforte. Deste xeito, isto supón que comezarán a facerse efectivos os pagos correspondentes a aquelas solicitudes... -
O Concello de Monforte celebra dende hoxe, a través do CIM, un obradoiro afectivo sexual
Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2020. A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Monforte a través do CIM realiza dende hoxe un “Programa de Educación sexual integral” dirixido a un grupo pechado de 10 mulleres usuarias do CIM . Este obradoiro é impartido nas instalacións do Centro Cívico... -
O Alcalde recibe o dossier da participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no Rally Dakar
Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Eduardo Iglesias, piloto monfortino de motos que participou na última edición do Rally Dakar, disputado en Arabia do 5 ó 17 de xaneiro deste ano... -
O Alcalde inaugura o VIII Rally Turístico Terras do Incio que parte por primeira vez de Monforte para percorrer a Ribeira Sacra e a provincia
Monforte de Lemos, 8 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na mañá de hoxe a oitava edición do Rally Turístico Terras do Incio, sendo así a primeira vez que a cidade de Monforte acolle a etapa inaugural do que é un dos eventos do motor clásico máis asentado na provincia... -
O Concello de Monforte anuncia que o día 7 de xullo remata o prazo para presentarse o XXV Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2020
Monforte de Lemos, 1 de xullo de 2020. O Concello de Monforte de Lemos anuncia que o martes día 7 de xullo de 2020 ás 14 horas rematará o prazo para presentarse ó XXV Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2020. O prazo de presentación de propostas expiraba o 24 de abril pero dadas as... -
O Alcalde inaugura a exposición pública dos 7 proxectos presentados ó concurso da Ponte Nova de Monforte
Monforte de Lemos, 1 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, inaugurou na mañá de hoxe a exposición pública dos 7 proxectos presentados ó concurso de ideas da Ponte Nova de... -
O Concello contrata a mellora de 13 rúas de Monforte
Monforte de Lemos, 1 de xullo de 2020. O Alcalde, José Tomé Roca, presentou hoxe ante os medios de comunicación un proxecto que suporá a mellora de 13 rúas da cidade de Monforte. É este un conxunto de obras repartidas por toda a cidade que contarán cunha inversión total de 208.400,62 euros. O... -
O Alcalde de Monforte renova os votos coa Virxe de Montserrat nas honras celebradas hoxe, tras ser aprazadas por mor do COVID-19
Monforte de Lemos, 30 de xuño de 2020. O pasado 12 de abril, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunicou ós veciños e veciñas da cidade que os actos pola festividade do Martes de Pascua, que este ano celebraríase o día 14 de abril, tiñan que ser aprazados, dada a imposibilidade de celebrar... -
O Concello de Monforte anuncia que dende mañá xa se pode disfrutar de paseos en barca polo río Cabe
Monforte de Lemos, 30 de xuño de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de comunicar que dende as 18:00 horas de mañá mércores 1 de xullo, monfortinos e visitantes xa poden disfrutar dos tradicionais paseos en barca polo río Cabe. Deste xeito, do 1 de xullo ó 30 de setembro de 2020 o río...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- …
- seguinte ›
- última »