A 1ª Tenente de Alcalde recolle en Lugo equipamento para atención ás emerxencias

Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2019. A 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, acudiu ma mañá de hoxe a Lugo para recepcionar equipamento destinado a atención de emerxencias, nun acto que tivo lugar na sede da Xunta de Galicia, e que contou coa presencia do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Deste xeito, fixéronse entrega de catro tendas de campaña de atención ás emerxencias aos concellos de Vilalba, Chantada, Mondoñedo e Monforte de Lemos. Gloria Prada, asinou así, no nome do Concello, o compromiso de adhesión a este programa que permite reforzar as actuacións do Concello ante situacións de emerxencia.

Esta tenda está destinada a atención ás emerxencias por parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) e dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). É unha tenda de fácil transporte e lixeira, con sinxela montaxe e desmontaxe. Ademais, conta coa estrutura necesaria para instalar focos LED, xunto con catro tomas de corrente.

Así, o obxectivo é mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención e nas intervencións en emerxencias por parte do Concello de Monforte.

 

cc