A mostra de artesanía Artelemos, que alcanza a 21ª edición, celebrarase do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal de Monforte

Monforte de Lemos, 20 de xullo de 2019. A XXI Mostra de artesanía Artelemos 2019 vaise celebrar en Monforte do 3 ó 7 de agosto na rúa Cardenal de Monforte de Lemos; como cada ano, o evento servirá de antesala ás Festas Patronais da cidade. 

A feira, que naceu no ano 1996 e que xira arredor da artesanía, deixouse de realizar dende o ano 2011 (último ano de celebración); o actual Equipo de Goberno do Concello de Monforte volveu a recuperala e dende o ano 2015 celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos.

Nesta mostra, que alcanza a edición número 21,  contaremos coa presencia de 29 profesionais da artesanía (2 máis que o pasado ano 2018 e 7 máis que no ano 2017), que coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de venda individuais e agrupados en carpas separadas en grupos de 4 artesáns cada unha. Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional de cada un deles, quedando pechado cada posto ás 23:00 horas, e con vixilancia nocturna para garantir a seguridade das pezas expostas.

 

Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.

O obxectivo de Artelemos é tentar achegar a Artesanía Local e Galega á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: Gundivós, cerámica galega, coiro, cestería, complementos, moda …. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade.

Na Mostra, que dará comezo o sábado 3 de agosto ás 11 da mañá, ademais dos 29 stands adicados á artesanía, poderemos ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos días de duración do evento.

 

 

Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día (máis abaixo) e o domingo día 4, haberá unha Xuntanza de Palilleiras, promovida dende a Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, onde teremos presenza tamén de Palilleiras de Sarria e Quiroga. 

En verbas do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca “dende o Concello, queremos que Artelemos sexa unha Feira actual, interxeracional, e intentamos acercar á poboación máis nova os valores do traballo feito a man e dunha identidade que queremos sumar como promoción turística do noso rural e da nosa Ribeira Sacra.”

 

Programación 21ª Mostra Artelemos 2019

Sábado 3: 

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:30 H.- Inauguración Oficial

12:00 a 14:00h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López González.

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as.  Artesá: Otilia Arias García

23:00 h.- Peche de Stands de venda

 

Domingo 4: 

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:00 a 14:00 h.-  Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

23:00 h.- Peche de Stands de venda

 

 

Luns 5:    

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Scrich

23:00 h.- Peche de Stands de venda

 

Martes 6:

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

11:30 a 14:00h.- Obradoiro de cestería para nenos/as.  Artesá: Paqui Abeledo

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

18:30 a 21:00 h.- Demostración dunha peza de lá fieltrada.  Artesá: Pilar Gonda

23:00 h.- Peche de Stands de venda

 

Mércores 7:        

11:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias

22:00 h.- Peche 21ª Mostra Artelemos 2019