AVISO: Corte de auga en Seoane para a reparación dunha avería

Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na mañá de hoxe vaise levar a cabo un corte no subministro de auga na parroquia de Seoane.

O corte realízase debido ós traballos de reparación dunha avaría na rede de auga.

Agárdase que ó longo da mañá a avaría poida ser reparada e procederase entón ó restablecemento do subministro de auga.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que o corte poida ocasionar.