Calendario de actuacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino 2019

Monforte de Lemos, 9 de abril de 2019. A concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, e os representantes dos centros educativos da cidade mantiveron a pasada semana unha reunión na sala de xuntas do Concello para fixar o calendario de actuacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, que se realizará entre o 25 de abril e o 9 de maio de 2019.

No certame participarán os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro.

XXVIII Certame Municipal de Teatro

As representacións das obras de teatro terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, sempre en horario de 20:00 h. As datas da posta en escena das obras, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión que terá lugar o 1 de abril no Concello de Monforte de Lemos, ás 12:00 h.

O Concello colaborará cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros. Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 13 de maio ás 18:00 h.

 

Centros educativos participantes

O  xoves 25 de abril comezan as representacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte.

Os centros participantes nesta edición, son o CEIP de Monforte, o IES A Pinguela, o colexio P. Ferroviario, o CEE Infanta Elena, o CEIP A Gándara e o colexio PP. Escolapios, estando como invitada a Asociación PRODEME.

 

As obras e os días de representación son:

CEIP de Monforte: “A unión fai a Terra”, 25 de abril de 2019

IES A Pinguela: “Lingua de lata”, 26 de abril

Colexio P. Ferroviario: “Bar Manolo”, 29 de abril

CEE  Infanta Elena: “Salvemos a la Luna”, 2 de maio

CEIP A Gándara: “Tras a pegada do Principiño”, 6 de maio

Asociación Prodeme: “Un funeral para morrer de risa”, 8 de maio

Colexio PP. Escolapios: “Cásate cun mariñeiro”, 9 de maio