A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte pon en marcha a campaña “Non perxudiques a súa saúde”

Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2019. A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos ven de poñer en marcha a campaña Non perxudiques a súa saúdedirixida ás embarazadas fumadoras e ás súas parellas, buscando que estas deixen de fumar e así non prexudiquen a saúde do feto que se está a xestar.

Para levar a cabo este obxectivo, xa está en marcha un programa de deshabituación tabáquica; para participar nel, todas as interesadas e interesados poden acudir á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte (rúa Otero Pedrayo, s/n) ou chamar ao teléfono 982 400 495.

Do mesmo xeito, desde a unidade asistencial tamén se ideou un folleto informativo con aspectos relacionados coas consecuencias derivadas do consumo de tabaco que se pode descargar no seguinte enlace:

Non perxudiques a súa saúde