IV Concerto Debutantes na Casa da Cultura de Monforte

Monforte de Lemos, 21 de maio de 2019. Este venres 24 de maio, a Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acollerá a cuarta edición do “Concerto Debutantes” a partir das 20:15 horas.

O Concerto Debutantes organízase dentro do marco de colaboración existente entre a Sociedade Filarmónica, o Conservatorio Municipal  e o propio Concello de Monforte. Este evento, que se realiza dende 2016, é fruto do entendemento e comunicación  que existe entre o Conservatorio Municipal e a Sociedade Filarmónica, entidades que teñen como base esencial a música, unha a nivel educativo e formativo, e outra máis na promoción e divulgación da música clásica e contemporánea.

Neste concerto só participan alumnos e alumnas que rematan os estudos de grao profesional, a modo de “concerto fin de grao”. Concretamente neste IV Concerto Debutantes, os e as intérpretes  serán:

  • Uxía Esmeralda Casabianca (violín), que interpretará o 1º e 2º movemento do “Inverno” de Vivaldi.
  • Uxía López Quiroga (Piano), interpretará “Romanza sen palabras” de Mendelssohn.
  • Aldara Pérez Bernárdez (Flauta), interpretará “Concerto en SolM” de Mozart e “Fantasie” de Faure.
  • José Luis Lombao Rodríguez (Trompa), interpretará “Elegy” de Poulenc e “Reverie” de Glazunov.
  • Héctor Martínez Casares (Violín), que interpretrá “Romántische Stücke” de Dvorak e “Concerto en Solm” de Bruch.

 PROGRAMA IV CONCERTO DEBUTANTES